A Coruña, 24 de outubro de 2023.- O Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil da Universidade da Coruña contará mañá mércores, día 25 de outubro ás 12:30 horas, unha nova conferencia do primeiro ciclo do programa "CITEEConto que facemos...!", no que se tratan temas de vangarda relacionados coas áreas tecnolóxicas do centro.
A sala de Visualización do CITEEC (Campus de Elviña) contará cunha charla impartida por Mar Alonso, científica Titular do departamento de Materiais do Instituto de Ciencias de la Construción Eduardo Torroja, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), directora do Consello de Redacción de la revista científica “Materiales de Construcción” desde 2019 e integrante da Scientific and Innovation Advisory Board do CITEEC, un dos órganos encargados de avaliar a traxectoria do centro.
A área de especialidade de Alonso xira arredor do estudo de novos materiais cementantes eco-eficientes, que inclúen a transformación de residuos e subprodutos industriais en recursos, mediante a súa reutilización, para o desenvolvemento de materiais de construción alternativos.
A conferencia leva por título “Materiais de construción sustentables: Radioactividade natural, exhalación de radón e interacción co medio ambiente”, e está aberta tanto a toda a comunidade universitaria como ao público en xeral.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC