O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, abre a xornada “Profesións do Mar”, organizada na Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas

Nota de prensa

19/10/22 9:50

  • Institucional

A Coruña, 19 de outubro de 2022.- A Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña acollerá mañá, xoves, 20 de outubro, a xornada “Profesións do Mar”, organizada por GALP Golfo Ártabro Sur coa colaboración da UDC.

O reitor, Julio Abalde, e o presidente de GALP Golfo Ártabro Sur, Alberto A. Castro, xunto co director da Escola, Manuel Romero, e a delegada territorial na Coruña da Consellería do Mar, María Cancelo, abrirán as actividades mañá ás 9:00 horas.

O obxectivo desta iniciativa é amosar ao alumnado universitario e de formación profesional as saídas laborais no mar da man de persoas que traballan ligados a el, as oportunidades que ofrece e a maneira de chegar a estes postos de traballo.

Para iso, organizouse unha xornada dividida en catro mesas de debate:

 

9:30h. Mesa 1: Navegación e Salvamento marítimo. 

  • Pedro García – Capitán Marina Mercante.
  • Ramón Varela– Xefe de Máquinas Mercante.
  • Brigada Sonia Mª Martínez e Cabo Primeiro Juan C. Seoane – Forzas Armadas.
  • Bernardo V. Viqueira – Xefe do Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo.
  •  

10:45h. Mesa 2: Transporte e Loxística

  • Walter del Río – Práctico Maior da Coruña.
  • Enrique Sedofeito – Pérez Torres Marítima.
  • Alejandro Rey – Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao.

12:15h. Mesa 3: Offshore 

  • José Cubeiro – ACSM.
  • Laura Castro – Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol.

13:00h. Mesa 4: Medio Ambiente 

  • Antonio Martínez– Estaleiros Navantia.
  • Jose M. Pena – Forestal del Atlántico.
  • Lucía Fraga – CETMAR.
  • Lucía Cañás – IEO Coruña.

 

Esta xornada complementarase con outra organizada o día 7 de novembro que se levará a cabo no CIFP Universidade Laboral da Coruña, que contará con outras mesas: Pesca e Marisqueo, Comercialización, Medio Ambiente, Salvamento Marítimo e Acuicultura e, por último Turismo e Divulgación. 

                                                     

Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC