A Coruña, 28 de outubro de 2025.- Mañá mércores, día 29 de outubro, ás 17:00 horas, terá lugar no Cine Teatro Alfonsetti a xornada de clausura e entrega de diplomas da sétima edición do Programa de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade Sénior da Universidade da Coruña e dirixido a persoas maiores de 50 anos de Betanzos. Nesta edición participaron máis de 150 persoas nesta iniciativa formativa.
A Universidade Sénior, o programa universitario para maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, pecha así a súa 7ª edición do Programa de Formación Universitaria Específico para Adultos Maiores, desenvolvido durante os meses de setembro e outubro grazas ao financiamento da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Betanzos. Nesta convocatoria tomaron parte 161 participantes.
O acto de clausura e entrega de diplomas contará coa presenza da alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela; da directora da Universidade Sénior, Matilde García Sánchez; da adxunta a dirección, Susana Iglesias Antelo e do concelleiro delegado de Persoal, Educación, Medio Ambiente, Parques e Xardíns e Obras Públicas e Servizos, Andrés Teijo Hermida.
Programa da xornada de clausura (29 de outubro – Cine Teatro Alfonsetti):
Desde a súa posta en marcha en 2018, a Universidade Sénior mantén o seu compromiso de ofrecer unha formación de calidade ás persoas maiores de 50 anos, dando resposta ás súas inquedanzas, intereses e necesidades formativas.
Publicado por: Gabinete de Comunicación da UDC