VI Edición do Programa Xuventude Mentoring para persoas recentemente egresadas de grao e/ou posgrao (entre 18 e 30 anos)

18/11/24 13:51

Entidades colaboradoras: Xunta de Galicia e CIXUG; Universidade da Coruña (UDC); Universidade de Santiago de Compostela (USC) e  Universidade de Vigo (UVigo). Cofinanciado por Fondos Europeos

Inscríbete!!

Remate do prazo: día 9 de decembro de 2024

Formulario de inscrición: https://www.xuventudementoring.gal/inscricion/

Toda a info (bases da convocatoria, datos doutras edicións etc): https://www.xuventudementoring.gal/

 

Resumo do que ofrece Xuventude Mentoring nesta nova edición:

- Poderás mellorar os teus contactos profesionais.

- Poderás iniciar ou mellorar os procesos de procura de emprego xa que contas cun/ha tutor/a (experto/a en orientación laboral) que realizará un seguimento individualizado do teu proceso + un/ha mentor/a experto/a na área profesional concreta relacionada co teu obxectivo profesional.

- Poderás participar en actividades de networking nas que contactarás directamente coas empresas.

- Recibirás formación especializada sobre as técnicas e ferramentas necesarias para a tú inserción laboral (elaboración de CV e todas aquelas implicadas nos procesos de selección de persoal), simulacións de entrevistas etc.

 

¡ATENTO/A AO VÍDEO PROMOCIONAL!

CLICK NA IMAXE

XuventudeMentoring_Folleto2

 

 

 

 

Máis información   

Publicado por: Emprego