Programa berce de apoio á ciencia excelente

A UDC, no seu Plan Estratéxico 2022-2026, aposta polo fomento da investigación de calidade e o desenvolvemento dunha carreira investigadora sólida. Con ese obxectivo, establecéronse políticas orientadas á atracción e retención de talento en todas as etapas da carreira investigadora, creando un entorno propicio para o crecemento profesional e o avance científico.

Dentro desas políticas enmárcase o programa berce (benvida, estabilización e retorno da ciencia excelente), que botou a andar en 2016. Berce establece as condicións necesarias para que o persoal investigador atope na UDC unha contorna favorable para realizar a sua investigación de excelencia. A través dunha serie de medidas e servizos de apoio, céntrase en tres piares: darlles a benvida e integrar na UDC investigadores e investigadoras internacionais, ofrecer opcións de estabilización laboral con condicións económicas moi competitivas e facilitar o retorno do talento que leva a cabo a súa actividade no estranxeiro. Desde a súa creación, o Programa Berce brindou os seus servizos a máis de 70 investigadores e investigadoras.

Benvida ao persoal investigador

Con especial atención a aquel persoal que queira desenvolver unha axuda de Ciencia Excelente na UDC

Estabilización laboral do persoal investigador

En aqueles programas de ciencia excelente que contemplen esa opción, así como os gañadores dunha ERC Grant

Retorno do talento excelente galego

Que actualmente desenvolve a súa actividade investigadora no estranxeiro e desexa volver a Galicia para continuar a súa carreira científica

O programa berce está dirixido a todas aquelas convocatorias de financiamento para proxectos individuais que representen unha aposta decidida pola investigación de excelencia e que poidan marcar un avance significativo na traxectoria científica.

Ademais, estas convocatorias facilitan que o persoal investigador que se atope no estranxeiro poida desenvolver o seu proxecto en entidades como a UDC, e mesmo aspirar á estabilización na nosa institución.

 

O programa ofrece o seu apoio en catro modalidades de convocatorias: