Antonio Legerén Molina, profesor contratado doutor do Departamento de Dereito Privado da Facultade de Dereito, viaxará coa ONGD “Cooperación Internacional” a Uganda, para colaborar na construcción dun pavillón de aulas e desenvolvemento de actividades educativas de promoción de hábitos básicos de hixiene e prevención de enfermidades, dirixidos a poboación local. Asemade, haberá entrega de material escolar a mozos e mozas no centro a construir.
Plácido Lizancos Mora, profesor titular do departamento de representación e teoría arquitectónica, viaxará a Mozambique cun proxecto de acción de Aprendizaxe Servizo financiado pola AECID, fortalecendo as relacións institucionais entre a UDC e a UEM (Maputo) e a UP (Maxixe), a través dos proxectos de CUD existentes, nos que se pretende a intevención da Academia nos barrios de infravivienda de Maputo. Asemade, coa UP de Maxixe formular un proxecto de fortalecemento dos estudos de Enxeñaría civil, a través de dotación de infraestructura e do apoio pedagóxico e docente. A finalidade é facer un seguimento das accións iniciadas e darlle continuidade, onde exploranse novas liñas de actuación.
Beningno Antonio Rodríguez Gómez, profesor titular do Departamento de Enxeñaría Industrial da Facultade de ETSNM, viaxará a Honduras coa ONG Arquitectos sin fronteras para avanzar no desenvolvemento do acordó de colaboración entre a UDC e a UNAH, e no fortalecemento das capacidades locais e de participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada dos recursos hídricos nos sete municipios da Mancomunidade NASMAR.
Vanessa Míguez Martín, Técnica especialista en Cooperación e Voluntariado no Departamento da OCV, viaxará a Mozambique cun proxecto de acción de Aprendizaxe Servizo financiado pola AECID, fortalecendo as relacións institucionais entre a UDC e a UEM (Maputo) e a UP (Maxixe), a través dos proxectos de CUD existentes, coa finalidade de consolidar os acordos existentes e implementando no marco de actuación dos proxectos un enfoque de dereitos e de perspectiva de xénero.