Plácido Lizancos Mora, Profesor Titular do Departamento de Representación e Teoría Arquitectónica, viaxará a Mozambique coa Universidade Eduardo Mondlane para realizar un proxecto denominado “Kaya Clínica”. En dito proxecto preténdese a mellora das capacidades docentes das facultades de Arquitectura e Enxenería da UEM a través dunha acción de Aprendizaxe e Servizo, levando a acción da academia aos barrios de infravivenda da capital do país.
José María Mesias Lema, profesor axudante Doutor do departamento de Composición, viaxará a India coa Fundación Vicente Ferrer para realizar un proxecto de cooperación. Dito proxecto “Educación artística e o desenvolvemento humano”, ten por obxectivo fortalecer a educación astístico-cultural para o desenvolvemento integral dos nenos/as de Anantapur que é unha das áreas máis desfavorecidas da India.
Santiago López Piñerio, profesor de Eu-Doutor do departamento de Construccións Arquitectónicas, viaxará a Mozambique viaxará a Mozambique coa Universidade Eduardo Mondlane para realizar un proxecto denominado “Kaya Clínica”. En dito proxecto preténdese a mellora das capacidades docentes das facultades de Arquitectura e Enxenería da UEM a través dunha acción de Aprendizaxe e Servizo, levando a acción da academia aos barrios de infravivenda da capital do país.
Bibiana Regueiro Fernandez, PDI do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, viaxará a Honduras coa Asociación “Colaboración y Esfuerzo”(ACOES, Galicia con Honduras) para realizar un proxecto que ofrece os nenos/as que proveñen dás distintas comunidades rurais do país a oportunidade de recibir unha educación digna, provéndolles de todos os recursos necesarios para que estes nenos/as entren aos colexios das cidades próximas as súas comunidades. Neste proxecto,Populorum Progressio, proponse a implementación dun programa educativo motivacional que ten por obxectivo achegar estratexias metodolóxicas que permitan desenvolver a motivación dos nenos/as ao asumir o seu proceso educativo.