José Manuel López Vilariño, coordinador do Centro de Investigacións Tecnolóxicas -CIT, viaxará con Ecodesarrollo Gaia a Senegal, para realizar un estudo sobre as posibilidades de comercio xusto con prantas medicinais afircanas con compostos bioactivos para as Ecovillage do programa Gen-África.
Vanessa Míguez Martín, técnica especialista da OCV en Ferrol, viaxará coa ONG Solida a Nicaragua, para levar a cabo unha avaliación dos resultados acadados polos proxectos alí executados, para coñecer a súa sostenibilidade, cal é o nivel de apropiación das iniciativas por parte das persoas que se beneficiaron deles, e coñecer o contexto para a identificación conxunta co ILLS e a IALAS e outras asociaciacións potenciais perfís e/ou proxectos de colaboración a desenvolver.
Adriana Ávila Álvarez, contratada doutora da facultade de Ciencias da Saúde, viaxará coa corporación "El mejor amigo del hombre" a Colombia, para desenvolver un proxecto que favoreza a formación cidadá, as competencias comunitarias, e a resolución de conflitos a través dunha técnica que é a Educación Asistida por Animais. A dita técnica é realizada por un profesional da educación, en conxunto cun profesional en educación canina e un ou varios animais. Deste xeito, trátase de favorecer a nenos e nenas de 7 a 10 anos en exclusión social, con estas actividades satisfactorias, que promovan a colaboración , a cooperación, o diálogo, a emoción, e a comunicación preverbal e verbal.
Plácido Lizancos Mora, profesor titular do departamento de representación e teoría arquitectónica, viaxará coa ONG Arquitectos sin Fronteiras a Mozambique. Participará no proxecto para implementar un catastro inclusivo. O obxectivo deste catastro inclusivo é construír unha diagnose para o recoñecemento social, incluíndo o estado e características do parque habitacional, e aspectos referidos á accesibilidade a servizos e equipamentos urbanos como a auga potable, o alcantarillado, a asistencia sanitaria, a escolarización, etc.
Gabriel Torres Tobío, profesor titular doutor do departamento de educación física e deportiva, viaxará a Colombia coa ONG "El mejor amigo del hombre". O seu proxecto consistirá no asesoramento e/ou apoio sobre actividades deportivas e intervención de cans en terapia, para favorecer as competencias cidadás e fomentar a metodoloxía sobre a resolución de conflitos, intentando diminuir a manifestación de comportamentos agresivos, e mellorar as relacións sociais e grupais con nenos e nenas de 7 a 10 anos.