Aula de cultura no centro Penal de Teixeiro

Foto do proxecto de voluntariado no cárcereO entorno penintenciario é un dos sectores da sociedade máis illado debido as súas características. Dende a OCV preténdese achegarlles ás persoas reclusas alternativas culturais en forma de actividades/parladoiros que se levan a cabo grazas aos proxectos que deseña o voluntariado en forma de obradoiros (economía doméstica, seguridade vial, saúde sexual...), videoforums, etc. e ás colaboracións puntuais de profesionais dos ámbitos da cultura, do dereito, da sanidade e doutros sectores de interese.
O programa desenvólvese en diferentes horarios, en base á actividade deseñada e ás preferencias do propio centro penitenciario. 

                                                                  Outra das liñas de participación actual, é dando aulas de apoio escolar a internos e internas en                                                                    diferentes quendas, normalmente en horario de mañá un par de días á semana.

ODS10_ReducirdesigualdadesODS4_EducacionODS 3_SaudeODS5_Igualdad_Xenero