Proxectos con persoas con diversidade funcional

COLABORACIÓN CO CAMF (FERROL)
O Centro de Atención a Minusválidos Físicos de Ferrol é unha institución que ofrece atención integral ás persoas con minusvalía física grave que, ao carecer de posibilidades de recuperación profesional e de integración laboral, atopan grandes dificultades para ser atendidas no seu contorno familiar e social.
Só existen cinco centros destas características en toda España (CAMF), o que implica que os internos proveñen de todas as partes do territorio nacional e atópanse, a miúdo, lonxe das súas familias.
O papel das persoas voluntarias neste programa é o de formar parte das actividades de lecer e de entretemento, por unha banda (acompañamiento en saídas, visitas culturais, actividades no centro, etc.; e, pola outra, acompañar ás persoas usuarias nas súas xestións da vida cotiá (visitas médicas, papeleo administrativo...), unha labor que normalmente desempeñan as familias. Puntualmente tamén requírense perfís máis específicos: apoio ao técnico de deporte adaptado, alfabetización dixital, etc.

 

ODS 3_SaudeODS10_Reducirdesigualdades

COLABORACIÓN CO CENTRO PAI MENNI (BETANZOS)

O Centro Pai Menni ofrece unha atención integral a persoas con discapacidade intelectual proporcionándolles unha intervención multidisciplinar e persoalizada.

As actividades que se desenvolven mediante o voluntariado están orientadas cara o ocio das persoas que residen no centro, ante esta situación de pandemia, propuxéronse diferentes actividades de acompañamento de xeito virtual para acompañar ás persoas que máis o necesitan.

ODS 3_SaudeODS10_Reducirdesigualdades

COLABORACIÓN CON SAÚDE MENTAL FERROL, EUME E ORTEGAL  (NARÓN)

A Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, ten como principal obxectivo mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental, a través de dúas grandes áreas: autonomía persoal, que permita o desenvolvemento integral da persoa nos ámbitos persoal, cognitivo, afectivo e social; e a iIntegración socio-comunitaria, favorecendo a participación nas actividades ocupacionais, formativas, laborais, culturais e de lecer máis axeitadas, permitindo á persoa participar no seu entorno en condicións de igualdade.

As persoas voluntarias que participan neste programa, serán de apoio nas tarefas ocupacionais, actividades no tempo de ocio, actividade física (fútbol sala, etc.), e outras relacionadas coa vida diaria: compras, autocoidado persoal, etc.

Os horarios de participación serán preferiblemente de mañá.

 ODS 3_SaudeODS10_Reducirdesigualdades

COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO (NARÓN)

A Asociación Nuestra Señora de Chamorro ten por obxecto contribuir ao desenvolvemento do proxecto de vida de persoas con discapacidade intelectual, así como da inclusión como cidadanía de pleno dereito, proporcionándolles apoio e oportunidades cun compromiso ético.

As persoas voluntarias que participan neste proxecto, acompañarán ás persoas usuarias da entidade en actividades de ocio e lecer e do ámbito comunitario, que se desenvolverán tanto nas instalacións do centro en Narón (O Val) como na contorna e/ou en formato virtual.

Os horarios de participación poden ser de mañá ou tarde.

 

ODS 3_SaudeODS10_Reducirdesigualdades