Proxectos sociosanitarios

PROXECTO DE ACOMPAÑAMENTO A PACIENTES DO CHUAC

Dende a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC estase a colaborar moi estreitamente co servizo de Traballo Social do CHUAC para facilitar a realización dunha actiuvidade de acompañamento a pacientes recentemente egresados do hospital e que precisan un acompañamento para a realización de determinadas actividades da súa vida cotiá (saír á rúa, facer algún recado...) e que non dispoñen dunha rede familiar que dea soporte a estas actividades. 

ODS 3_Saude

PROXECTO DE ACOMPAÑAMENTO A MENORES NO MATERNO INFANTIL

O ingreso hospitalario en menores conleva en moitas ocasións unha serie de desaxustes sociais, familiares, emocionais e educativos e soe traer consigo unha ruptura do seu entorno social. Engadido a isto, sumamos os problemas de conciliación familiar en familias monoparentais ou sen rede familiar. As persoas voluntarias da Oficina de Cooperación e Voluntariado visitan aos nenos e nenas de entre 0 a 16 anos que están hospitalizados no Hostipal Materno Infantil Teresa Herrera (A Coruña) para facilitar aos familiares un apoio,  a través do voluntariado, que pode ficar a cargo dos menores por espazos pequenos de tempo e normalizar o xogo no ámbito hospitalario.

ODS 3_Saude