Programa Santander English up - British Council

Convocatoria Santander English up - British Council
Corrección da convocatoria Santander English up - British Council

A Universidade da Coruña e o Banco Santander convocan 133 bolsas, para a realización da fase 1 do Programa, dirixidas a estudantes da UDC de grao ou posgrao matriculados no curso académico 2020/21 e que teñan recibido unha bolsa xeral do Ministerio para estudos universitarios (MEC) no curso inmediatamente anterior (curso 2019/20), ou no caso dos universitarios de 1º curso de grao, que sexan beneficiarios das bolsas xerais do Ministerio para estudantes de estudos pos obrigatorios.

Prazo limite de solicitudes: 04/11/2020 (ampliado extraordinariamente por Santander a 08/11/20) a través do portal Santander en www.becas-santander.com 

 

O Programa Santander English UP-British Council (en adiante o Programa) desenvolverase a través de 3 fases ou etapas formativas:

Fase 1 (1º etapa formativa): consistirá nunha bolsa de formación de inglés online de auto-aprendizaxe no tutorizado, cun curso de LearnEnglishSelect do British Council (175 horas). Inclúe unha proba de nivel e seguimento do desempeño do curso, en niveles desde principiante a C1. Non se ofertan cursos de nivel C2. Entregarase un certificado de aproveitamento indicando as horas estimadas, nivel e data de finalización. A 1º etapa formativa desenvolverase entre o 7 de decembro de 2020 e o 12 de febreiro de 2021 (ambos incluídos).

Fase 2 (2º etapa formativa): consistirá nunha formación de inglés de clases con titor online ao nivel e intereses formativos dos beneficiarios (15 horas de formación con flexibilidade de horario e intereses formativos). A formación desenvolverase en modalidade totalmente online e en grupos reducidos, mediante o programa British Council MyClass. A selección dos beneficiarios para esta fase recaerá sobre o British Council en base ao aproveitamento e rendemento obtido na 1º etapa formativa.

Fase 3 (3º etapa formativa): Consistirá nunha viaxe ao Reino Unido cun programa de inmersión lingüística e cultural durante 3 semanas nun Summer School nunha universidade británica nos meses de Xullo e/ou Agosto. Os gastos do curso de 3 semanas, aloxamento con cocina ou en media pensión/pensión completa, volos ida e volta desde España, serán cubertos pola bolsa. Non se inclúe na bolsa o seguro médico ou tramitación e coste de visado. A selección dos beneficiarios que pasarán a esta 3º fase realizarase polo British Council en función do rendemento de acordo cos criterios de capacidade, mérito e obxectividade.

Para mais información sobre o Programa, consultar as bases legais do Programa publicadas na páxina Web www.bolsas-santander.com.

 

Resolución (publicada 16/11/20)