PRESENTACIÓN
O Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña é o servizo responsable da preparación, xestión, control de calidade e difusión de produción científica, técnica, cultural e académica da nosa institución. Os seus obxectivos son alcanzar a excelencia e facer de canle para a proxección científica e cultural da UDC. Para iso contamos coa edición, difusión, distribución e comercialización de libros, revistas científicas e resto de publicacións no soporte que mellor se adapte ao contido e aos seus futuros lectores.
OBXECTIVO
O Servizo de Publicacións da UDC cumpre cun dos obxectivos prioritarios para a universidade, que é o de garantir un medio de transmisión do coñecemento e achegar o coñecemento á maior parte da sociedade e en especial a toda a comunidade universitaria e científica.
FUNCIÓN
Ocúpase de garantir o soporte e a calidade do servizo de edición, distribución e comercialización de libros, revistas e resto de publicacións pertencentes á UDC.