Pasos a seguir para a presentación de solicitudes de publicación

O SPU publica traballos orixinais referidos a calquera campo do coñecemento que contribúan á investigación, docencia, difusión e transferencia de coñecemento, así como á promoción da cultura, co obxectivo de conseguir a máxima difusión e impacto da súa produción editorial. Tanto as solicitudes de publicación como os orixinais presentados someteranse ao proceso editorial establecido polo Servizo de Publicacións da UDC que se desenvolverá nas 3 fases seguintes:

 

1. FASE DE SOLICITUDE

Requírese cumprir cos 2 puntos indicados a continuación para validar a solicitude

1.1 Solicitude de publicación: será imprescindible cubrir a solicitude de publicación a través do seguinte formulario. Esta será posta en valoración unha vez recibido o resto de documentos indicados a continuación.

  • Publicación de obras colectivas: antes de presentar a proposta, deberase escoller a unha persoa coordinadora como representante para enviar e recibir todas as comunicacións relativas á publicación e informar ao resto de persoas interesadas
  • Publicacións en formato exclusivamente dixital: por acordo da Comisión Editorial Académica da UDC, os criterios de solicitude e calidade esixidos para a posterior avaliación serán idénticos aos aplicables ás publicacións en papel.

1.2 Engadir por correo electrónico á conta publica@udc.es

  •  Envío do manuscrito final: Só se admitirán manuscritos orixinais e completamente rematados. As persoas solicitantes enviarán 2 copias, ambas en PDF ou Word aberto e nunca encriptado. Unha das copias deberá omitir a autoría.Ademais o texto e formato deben axustarse aos requisitos indicados no apartado de normas de entrega de orixinais.A persoa solicitante debe respectar a estrutura seguinte para nomear os manuscritos enviados
    • Arquivo 1: aaaammdd_nome abreviado da obra
    • Arquivo 2: aaaammdd_nome abreviado da obra_anónimo
    • Exemplo: 20230126_B. Riemann 
    • Exceptúanse do envío de manuscrito final as publicacións Institucionais. Nestes casos o órgano solicitante enviará un escrito a publica@udc.es co detalle da proposta, especificando o nome completo das persoas autoras e o título, un resumo xustificativo do contido, o público obxectivo o que se dirixe, e as características previstas de formato.
  • Informe favorable da dirección do departamento: Enviarase xunto co resto da documentación da obra nun mesmo correo electrónico. *Requisito para: monografías, manuais, homenaxes, publicacións de carácter científico e aquelas outras publicacións que considere a comisión como documento imprescindible para a valoración da obra. 

2. FASE DE AVALIACIÓN

  • Avaliación preliminar: a solicitude, o manuscrito e resto de documentación será sometido a un cotexo previo por parte do SPU e, se resultara pertinente, da dirección da colección, quen poderá solicitar asesoramento ao consello. Verificarase o cumprimento das normas de estilo e os requisitos formais de procedemento para levalo á valoración de persoas expertas (revisión por pares cego), se así o require a tipoloxía do manuscrito e posteriormente da CEA.
  • Revisión por pares a dobre cego: unha vez constatado que o contido do manuscrito cumpre os requisitos formais, remitirase a un mínimo de duas persoas expertas alleas á UDC que avaliarán a obra e entregarán un informe detallado.
  • Valoración por parte da Comisión Editorial Académica (CEA) que á vista dos informes das persoas expertas, decide se é pertinente a publicación da obra.
  • Comunicación á persoa solicitante: Unha vez recibida a valoración da CEA, o SPU poñerá en coñecemento da persoa solicitante os resultados do proceso de avaliación e a decisión de aceptación ou rexeitamento do traballo. Do mesmo xeito, comunicaráselles todas as propostas de modificacións e correccións que sexan necesarias para acadar os estándares de calidade da editorial antes da última fase de edición.

3. FASE DE PRODUCIÓN 

  • Proceso de elaboración: a persoa autora, unha vez realizadas as modificacións e correccións propostas polo SPU, entregará a versión definitiva do texto, axustándose aos estándares de estilo e calidade da editorial. O SPU revisará o cumprimento destes requisitos antes de pasar á fase de deseño, maquetaxe e posterior impresión. A persoa autora comprométese a revisar as probas de imprenta (só respecto ao contido). Non se aceptarán cambios substanciais na obra que requiran de remaquetaxe.
  • Contrato de edición: Unha vez entregada a versión final da obra, procederase á sinatura do contrato de edición entre a editora e os/as representantes da autoría
  • Impresión (se é o caso) e publicación: O Servizo de Publicacións será o encargado de facer o seguimiento da fase de impresión acorde aos estándares de calidade marcados pola plantilla da colección á que pertenza cada obra.