<![CDATA[UDC: RSS: Actualidade: PDI]]>https://www.udc.es/gl/rss/fontesRSS/especificas/rss_actualidade_pdi_persoal.htmlWed, 18 Mar 2026 23:01:02 +0100<![CDATA[Visita ao Casrro de Elviña]]>CURSO: 1º de Grao en Turismo

MATERIA: Patrimonio Cultural

ORGANIZADOR: Santiago Rodríguez Caramés, Mercedes Carreño e María Elvira Lezcano

LUGAR: Castro de Elviña

DATA: 18-03-2026

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE: o alumnado de Patrimonio Cultural do primeiro curso do Grao en Turismo visitou o Castro de Elviña e desfrutou dunha visita guiada polo xacemento.

Castro Elviña

Castro Elviña

Castro Elviña

Castro Elviña

Castro Elviña

Castro Elviña

]]>
https://www.udc.es/gl/novas/Visita-ao-Casrro-de-Elvina/https://www.udc.es/gl/novas/Visita-ao-Casrro-de-Elvina/
Wed, 18 Mar 2026 17:52:10 +0100<![CDATA[O talento emprendedor feminino da UDC no programa Misiones Comerciales en Femenino 2026]]>A 6ª convocatoria do programa Misiones Comerciales en Femenino volve evidenciar o seu papel clave no impulso do emprendemento universitario feminino, cunha elevada participación e un proceso de selección altamente competitivo.

Neste contexto, destaca especialmente a presenza das estudantes da UDC Elisa Sanlés Zurdo e Alba González Doel, seleccionadas co proxecto Urbanet, unha iniciativa que pon de relevo o talento, a innovación e a capacidade emprendedora do estudantado da UDC.

Ademais, no marco desta edición tamén se promove a colaboración institucional entre universidades, salientando o encontro estratéxico que terá lugar entre a UDC e a Universidade Politécnica de Valencia. Este encontro reforza a creación de redes e o intercambio de coñecemento, contribuíndo ao fortalecemento do ecosistema emprendedor feminino no ámbito universitario.

O programa continúa así consolidándose como unha plataforma de referencia para o desenvolvemento de proxectos liderados por mulleres, favorecendo a conexión entre entidades e o crecemento das iniciativas participantes.

]]>
https://www.udc.es/gl/novas/O-talento-emprendedor-feminino-da-UDC-no-programa-Misiones-Comerciales-en-Femenino-2026/https://www.udc.es/gl/novas/O-talento-emprendedor-feminino-da-UDC-no-programa-Misiones-Comerciales-en-Femenino-2026/
Wed, 18 Mar 2026 14:59:42 +0100<![CDATA[O COAG pon a disposición do público novos recursos dixitalizados]]> 

 

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acaba de dixitalizar parte do seu fondo editorial esgotado, permitindo o acceso libre a diversas publicacións históricas relacionadas coa arquitectura galega. A través dun PDF interactivo, pódese consultar e descargar gratuitamente estes títulos:

Publicacións dixitalizadas do fondo editorial do COAG

Ademais, o COAG tamén dixitalizou varias exposicións procedentes do seu arquivo documental. Estes contidos, agora dispoñibles en formato interactivo, permiten revisitar materiais expositivos de grande interese para a historia e a divulgación da arquitectura en Galicia:

Exposicións dixitalizadas do arquivo do COAG

Trátase dun recurso valioso tanto para profesionais e estudantado de arquitectura como para persoas interesadas no patrimonio arquitectónico galego. Desde a biblioteca animamos a explorar estes materiais e aproveitar a súa consulta aberta.

 

]]>
https://www.udc.es/gl/novas/O-COAG-pon-a-disposicion-do-publico-novos-recursos-dixitalizados/https://www.udc.es/gl/novas/O-COAG-pon-a-disposicion-do-publico-novos-recursos-dixitalizados/
Wed, 18 Mar 2026 14:55:37 +0100<![CDATA[ A Universidade da Coruña elixe ás 300 persoas representantes do seu Claustro ]]>
  • O proceso electoral celebrado onte permitiu escoller a nova representación claustral.
  • O novo claustro constituírase o próximo día 8 de abril.
  • A Coruña, 18 de marzo de 2026

    A Universidade da Coruña vén de escoller ás persoas que formarán parte do novo Claustro, que se constituirá o próximo 8 de abril. Este órgano quedará conformado xa en liña cos novos Estatutos, no marco da LOSU, así como co regulamento electoral da UDC aprobado en decembro de 2025.

    No que respecta ás eleccións de representantes ao Claustro, distínguese entre o sector de profesorado, que conta con 177 representantes; o do estudantado, con 78; o do Persoal Técnico de Xestión, Administración e Servizos (PTXAS), con 30 e o do Persoal Contratado para Tarefas de investigación , con 15 persoas representantes e que acceden por primeira vez ao Claustro.

    A participación media foi do 50%, chegando no sector de profesorado ao 70%.

    As proclamacións provisorias das candidaturas electas poden verse nesta ligazón.

    Xuntas de centro e consello de departamento

    No caso das eleccións de representantes nas xuntas de facultade ou escola, tiveron lugar procesos electorais na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, a ETS de Enxeñaría de Camiños Canais e Portos, a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica, a Escola Universitaria de Deseño Industrial, a Facultade de Ciencias da Comunicación, a Facultade de Ciencias da Educación, a Facultade de Ciencias da Saúde, a de Ciencias do Traballo, a de Economía e Empresa, a de Enfermaría e Podoloxía, a de Fisioterapia, a de Humanidades e Documentación e a de Turismo.

    Poden consultarse as proclamacións provisorias das candidaturas electas nesta ligazón.

    En canto aos consellos de departamento, houbo procesos electorais para os consellos de CC da Navegación e Enxeñaría Mariña, de Ciencias da Saúde, de Construcións e Estruturas Arquitectónicas Civís e Aeronáuticas, de Economía, de Empresa, de Enxeñaría Civil, Enxeñaría Industrial e de Pedagoxía e Didáctica.

    Os resultados provisionais pódense revisar aquí.

    Fases do proceso electoral

    Hoxe 18 de marzo está publicada a proclamación provisoria de candidaturas electas, previas á posible presentación de recursos potestativos de reposición entre o 20 e o 23 de marzo ás 14:00 horas. Xa o martes, día 24 faranse públicas as proclamacións definitivas, momento no que rematará o proceso electoral iniciado o pasado 10 de febreiro coa convocatoria de eleccións.

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/A-Universidade-da-Coruna-elixe-as-300-persoas-representantes-do-seu-Claustro/https://www.udc.es/gl/novas/A-Universidade-da-Coruna-elixe-as-300-persoas-representantes-do-seu-Claustro/
    Wed, 18 Mar 2026 10:33:16 +0100<![CDATA[Oracle España lanza un hackathon estatal para estudantado universitario: “Reto Enseña 4.0”]]>Xa está en marcha unha nova edición do hackathon “Reto Enseña 4.0 de Oracle España”, unha iniciativa dirixida a estudantes de universidade que queiran demostrar o seu talento tecnolóxico e competir nun contorno innovador.

    O evento desenvolverase en liña entre o 23 de marzo e o 22 de abril e propón distintos desafíos vinculados a tecnoloxías punteiras, como a computación na nube, a intelixencia artificial ou o desenvolvemento de aplicacións. As persoas participantes deberán organizarse en equipos reducidos (2-5 integrantes), favorecendo así o traballo colaborativo e a repartición de roles técnicos.

    Un dos grandes atractivos desta convocatoria son os premios en metálico, que recompensarán con máis de 2000 euros os tres mellores proxectos desenvolvidos durante o hackathon.

    Ao longo do hackathon, os equipos terán que resolver problemas reais, mellorar as súas competencias dixitais e competir con estudantes doutras universidades, nunha experiencia que simula contornas profesionais do sector tecnolóxico.

    A iniciativa busca fomentar o talento dixital, o traballo en equipo e a innovación, conectando á comunidade universitaria coas demandas actuais do mercado laboral.

    As persoas interesadas poden consultar todos os detalles e formalizar a súa inscrición na web oficial:
    �� https://oracleretoensena.hackrocks.com/

    Unha oportunidade para aprender, competir e gañar, levando as túas habilidades tecnolóxicas ao seguinte nivel!

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Oracle-Espana-lanza-un-hackathon-estatal-para-estudantado-universitario-Reto-Ensena-4.0/https://www.udc.es/gl/novas/Oracle-Espana-lanza-un-hackathon-estatal-para-estudantado-universitario-Reto-Ensena-4.0/
    Wed, 18 Mar 2026 00:00:00 +0100<![CDATA[Conv. contrat. 2026/CP/040.Listaxe definitiva]]>Conv. contrat. 2026/CP/040.Listaxe definitiva

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-contrat.-2026-CP-040.Listaxe-definitiva/https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-contrat.-2026-CP-040.Listaxe-definitiva/
    Wed, 18 Mar 2026 00:00:00 +0100<![CDATA[Corrección de erros Punt. definitivas e Proposta nomeamento.Tec. Prev. RRLL]]>Corríxense as puntuacións definitivas polo tribunal, publicadas na Sede Electrónica o 17.03.2026, do proceso selectivo para a provisión dunha vacante na Escala Técnica en Prevención de Riscos Laborais, Subgrupo A2, da Universidade da Coruña, convocada por Resolución do 12 de xuño de 2024 (DOG de 24 de xuño de 2024)

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Correccion-de-erros-Punt.-definitivas-e-Proposta-nomeamento.Tec.-Prev.-RRLL/https://www.udc.es/gl/novas/Correccion-de-erros-Punt.-definitivas-e-Proposta-nomeamento.Tec.-Prev.-RRLL/
    Wed, 18 Mar 2026 00:00:00 +0100<![CDATA[Proposta da comisión da praza 25/28001]]>Proposta da comisión da praza 25/28001

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Proposta-da-comision-da-praza-25-28001/https://www.udc.es/gl/novas/Proposta-da-comision-da-praza-25-28001/
    Wed, 18 Mar 2026 00:00:00 +0100<![CDATA[Conv. contrat. 2026/CP/032. Resolución VIT]]>Conv. contrat. 2026/CP/032. Resolución VIT

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-contrat.-2026-CP-032.-Resolucion-VIT/https://www.udc.es/gl/novas/Conv.-contrat.-2026-CP-032.-Resolucion-VIT/
    Wed, 18 Mar 2026 00:00:00 +0100<![CDATA[Resolución concurso praza 25/27001]]>Resolución concurso praza 25/27001

    ]]>
    https://www.udc.es/gl/novas/Resolucion-concurso-praza-25-27001/https://www.udc.es/gl/novas/Resolucion-concurso-praza-25-27001/