No marco do compromiso coa sustentabilidade e a eficiencia enerxética, leváronse a cabo unha serie de actuacións orientadas a optimizar o consumo de enerxía e reducir o impacto ambiental das nosas instalacións. Estas intervencións non só contribúen ao aforro enerxético, senón que tamén melloran a operatividade e o confort nos espazos implicados.
Dentro das actuacións de mellora levadas a cabo, realizouse a substitución da antiga caldeira de pé por dúas novas caldeiras murais de menor potencia no Edificio da Área Científica, optimizando así a eficiencia enerxética do sistema e garantindo un mellor rendemento. O investimento nesta renovación ascendeu a 25.916,30 €.
Como parte do compromiso coa accesibilidade, a eficiencia enerxética e a modernización das infraestruturas, instalouse un novo ascensor no Edificio Normal cun investimento de 42.162,45 €. Esta mellora garante unha mobilidade máis accesible, ao tempo que incorpora tecnoloxías avanzadas que optimizan o consumo enerxético, reducindo o impacto ambiental. O novo sistema de elevación destaca pola súa fiabilidade, seguridade e cumprimento dos máis altos estándares normativos, contribuíndo a un campus máis inclusivo e sustentable.
Por outra banda, continuouse o plan de renovación da iluminación, tanto no interior de edificios, Xoana Capdevielle, coma nos exteriores dos campus de Ferrol, Elviña, Riazor e Zapateira. O obxectivo desta actuación foi mellorar a eficiencia enerxética e a calidade da iluminación, reducindo o consumo eléctrico e favorecendo un ambiente máis confortable e sostible. O investimento total destinado a esta renovación ascendeu a 10.091,44 €.
Tamén se realizou un proxecto para a mellora da iluminación de Elviña que colle a metade de toda esa área universitaria e que ten por obxecto, non só mellorar a eficiencia do conxunto, senón tamén a regularización administrativa dun expediente que ten xa 30 anos e sobre o que se realizaron bastantes ampliacións das que non hai constancia que se legalizasen, o orzamento do dito proxecto foi de 2.873,00€.
Outra actuación foi a renovación do Centro de Proceso de Datos (CPD), situado no edificio do ESCI. Realizouse unha mellora integral na acometida de rede e datos, co obxectivo de garantir un funcionamento máis eficiente, seguro e adaptado ás crecentes esixencias tecnolóxicas da institución. O investimento realizado nesta obra ata o ano 2024 ascende a 299.782,28 €.
Co obxectivo de promover unha climatización máis eficiente e sustentable, implementouse un sistema de Climatización Free Cooling en varios edificios da universidade. Esta tecnoloxía permite aproveitar o aire exterior para arrefriar os espazos cando as condicións climáticas son favorables, reducindo significativamente o consumo enerxético ao minimizar o uso de sistemas de refrixeración por compresión mecánica. Ademais, o Free Cooling contribúe á mellora da calidade do aire interior ao renovar constantemente o ambiente con aire fresco do exterior, aumentando o confort dos usuarios e reducindo o impacto ambiental das instalacións.
Na Facultade de Humanidades, integrouse o sistema de recuperación de calor a un autómata de xestión, o cal permite mellorar a ventilación, ter parámetros monitorizados de radon e diminuír o gasto enerxético, cun custo de 4.231,04 €.
Por outra banda, para optimizar o illamento térmico e acústico dos espazos, realizouse a substitución dos vidros na Facultade de Fisioterapia. Esta mellora permite reducir as perdas de calor no inverno e minimizar a entrada de calor no verán, mellorando a eficiencia enerxética do edificio e incrementando o confort dos usuarios. O investimento destinado a esta actuación ascendeu a 31.196,07 €.
Estas actuacións representan un paso importante cara á eficiencia enerxética e a sustentabilidade, xa que permiten un aforro considerable no consumo enerxético e nos custos operativos asociados. Ademais, contribúen á redución da pegada de carbono e ao coidado do medio ambiente, ao tempo que melloran a fiabilidade e eficiencia das instalacións, incrementando a produtividade e o confort nos espazos renovados.
Estas melloras reflicten o compromiso da UDC coa innovación e a sustentabilidade, garantindo instalacións enerxeticamente eficientes e adaptadas ás necesidades presentes e futuras.
Esta actualización incluíu a optimización da distribución eléctrica, garantindo unha maior capacidade para soportar cargas críticas e mellorando a eficiencia enerxética. Para iso, optimizáronse os sistemas de redundancia e seguridade enerxética que minimizan os riscos de interrupcións no servizo, asegurando a continuidade das operacións en caso de incidencias.
Ademais, levouse a cabo unha revisión dos sistemas de climatización, incorporando solucións de refrixeración que permiten un control preciso da temperatura e a humidade dentro da sala, optimizando así o rendemento dos servidores e prolongando a súa vida útil.
Unha das prioridades desta renovación foi a adecuación do CPD aos máis altos estándares de seguridade nacional, seguindo as directrices marcadas por organismos reguladores en materia de protección de infraestruturas críticas. Para iso, implementáronse medidas avanzadas de seguridade física e lóxica, incluíndo sistemas de control de acceso, vixilancia remota e protocolos reforzados de detección e extinción de incendios.
Na actualidade, estase a rematar a obra do CPD, cun investimento significativo que permitirá á institución dispoñer dunha infraestrutura moderna e robusta, preparada para afrontar os retos tecnolóxicos presentes e futuros. Grazas a estas melloras, a universidade conta agora cun centro de procesamento de datos que cumpre cos máis altos estándares de seguridade e eficiencia, garantindo un servizo fiable e de alto rendemento para toda a comunidade universitaria. O investimento realizado nesta obra ata o ano 2024 ascende a 299.782,28 €
Substituíuse a caldeira de pé existente no edificio de área Científica, que se atopaba avariada, por dúas caldeiras BAXI modelo BIOS PLUS 90 F, instaladas en posición mural e operando en sistema de "cascada", de forma que en función das necesidades adáptase moito mellor a eficiencia á demanda do edificio e por tanto mellórase a eficiencia enerxética do conxunto.
A actuación consistiu na integración do autómata que regula a ventilación do Decanato da Facultade de Humanidades con control Sedical. Isto mellorou a eficiencia do sistema e facilitou a supervisión de parámetros ambientais, como o radon ou as temperaturas.
Instaláronse novas luminarias na rotonda do campus de Elviña co obxectivo de mellorar a seguridade dos peóns e aumentar a eficiencia enerxética. A iluminación anterior non era suficiente para iluminar adecuadamente o paso peonil debido á interferencia da vexetación, o que xeraba zonas escuras e aumentaba o risco de accidentes. Coas novas luminarias, garántese unha mellor visibilidade, brindando maior seguridade aos transeúntes na zona. Para mellorar a eficiencia enerxética, colócanse luminarias LED.
A renovación da iluminación interior a LED na aula de estudos da Biblioteca Central da Universidade forma parte do plan de renovación de iluminación do campus, co fin de mellorar a eficiencia enerxética e crear un ambiente máis cómodo e adecuado para os usuarios. A substitución das antigas luminarias por tecnoloxía LED permitirá reducir o consumo eléctrico, aumentar a durabilidade das luces e mellorar a calidade da iluminación, garantindo un espazo ben iluminado que favoreza a concentración e o benestar dos estudantes. Con esta actuación, queda cambiado a LED a iluminación da parte alta da aula de estudo e séguese a renovar progresivamente a luz das mesas por LED.
Fíxose unha nova instalación en aceiro inoxidable para o CPD da ampliación do CITIC dado que a instalación anterior tiña problemas de calidade de auga, o que permite conectar as novas climatizadoras compradas polo centro a unha instalación renovada e de alta calidade. Os novos equipamentos permiten dispoñer dunha redundancia no servicio de frío ao CPD así como ter un mantemento conxunto dos equipos interiores co sistema de fornecemento de auga refrixerada. O cambio de tubos tivo un orzamento de 45.965,54€.
Please edit this content section.