O SEALab é unha plataforma que funciona como un laboratorio dixital de innovación costeira, que reúne boas prácticas, ferramentas técnicas, exemplos de proxectos sostibles e recursos orientados á acción local. Trátase dunha infraestrutura con vocación transnacional, deseñada para ser útil máis alá da duración do proxecto, ao servizo das comunidades costeiras e da planificación territorial no litoral.
As persoas, entidades e comunidades mariñeiras locais poderán acceder a recursos e modelos adaptables á súa realidade, obter apoio para deseñar proxectos vencellados ao mar, e compartir ou visibilizar boas prácticas doutros puntos do arco atlántico. A plataforma actúa como ponte entre coñecemento técnico, políticas públicas e acción local, favorecendo unha innovación inclusiva e sostible no territorio.