Curso de concienciación en ciberseguridade para o alumnado
Aprende a evitar as ameazas máis habituais no uso das tecnoloxías da información.
Coñece como detectar os ataques de phishing, prevén a perda de datos por ataques de ransomware, evita que usurpen a túa identidade dixital, prevén fraudes económicos.
Neste curso, fundamentalmente práctico, abordaranse os aspectos fundamentais relativos á ciberseguridade. Utilizaremos unha plataforma en liña que porá a túa disposición pequenas pílulas formativas para que aprendas estes conceptos de xeito sinxelo e con exemplos prácticos.
Accede ao curso no Campus Virtual da UDC
Os obxectivos deste curso son os seguintes:
- Coñecer e pór en práctica as pautas esenciais que toda persoa debe ter en conta á hora de protexer a información nas súas actividades diarias, tanto no ámbito profesional como persoal.
- Aprender a recoñecer os diferentes tipos de ataques, en especial os recibidos a través do correo electrónico, e técnicas para analizar as diversas vías de entrada (enlaces, adxuntos, etc).
- Crear hábitos que minimicen o impacto dun ataque en caso de ter éxito, recoñecendo as posibles brechas de seguridade e tomando as medidas adecuadas paira evitalas.
- Coñecer as políticas da organización no ámbito da seguridade da información, chamando a atención sobre a importancia do seu cumprimento (contrasinais, comunicación de incidentes, etc).
- Adquirir boas prácticas no uso de internet, dispositivos móbiles, memorias USB, etc, así como o uso de ferramentas de traballo en contornas non seguras.
Accede ao curso no Campus Virtual da UDC e inscríbete automáticamente mediante o código CursoCiber-2022