Consellos de seguridade no uso de móbiles e tabletas

1. Configura un método de bloqueo seguro do terminal 

É importante configurar un método de bloqueo de pantalla para protexer o acceso ao teléfono móbil corporativo.

Os sistemas máis recomendados son o PIN de 6 díxitos ou a autenticación biométrica, como a pegada dixital ou o recoñecemento facial.

Ademais, debes configurar un tempo de bloqueo automático curto (preferiblemente entre 30 segundos e 1 minuto) para que o dispositivo se bloquee automaticamente tras un período de inactividade. Esta práctica prevén accesos non autorizados no caso de perda ou roubo do dispositivo.


2. Manten o sistema operativo e as aplicacións actualizadas

As actualizacións de software non só engaden novas funcións, senón que tamén corrixen vulnerabilidades de seguridade. É fundamental que tanto o sistema operativo como as aplicacións instaladas no teléfono móbil corporativo estean sempre actualizadas á última versión dispoñible.


3. Instala aplicacións só de fontes fiables

Evita descargar aplicacións de tendas non oficiais ou ligazóns descoñecidas. As aplicacións non verificadas poden conter malware deseñado para roubar datos confidenciais ou comprometer o sistema. Limita as aplicacións instaladas a aquelas estritamente necesarias tamén axuda a reducir riscos.


4. Cifra a información

O cifrado de datos protexe a información almacenada no dispositivo ao convertela nun formato ilexible sen a clave de descifrado adecuada. A maioría dos teléfonos modernos ofrecen a opción de cifrar automaticamente o contido do dispositivo. Asegúrate de que esta función estea habilitada.


5. Evita o uso de conexións non seguras

Evita o uso de redes Wi-Fi públicas e abertas, xa que poden ser un medio para que atacantes intercepten a información transmitida. Sempre que sexa posible, emprega unha rede privada virtual (VPN) para asegurar as conexións. Do mesmo xeito, mantén desactivadas funcións como o Bluetooth e a xeolocalización cando non se estean utilizando.


6. Realiza copias de seguridade periódicas

As copias de seguridade garanten que a información crítica poida recuperarse no caso de perda ou dano do dispositivo. Recoméndase realizar copias automáticas e almacenalas nunha localización segura, como a solución de almacenamento na nube corporativa.