Todas as persoas usuarias dos sistemas de información da Universidade da Coruña que detecten ou identifiquen unha brecha de seguridade deberán comunicalo internamente coa maior brevidade posible para a adopción de medidas para conter, reducir ou eliminar posibles danos.
Para iso utilizará calquera das seguientes canles, facilitando a maior cantidade de información posible, como evidencias do problema, mensaxes que aparezan en pantalla, copia de correos, etc.
Por correo electrónico:
seguridade.informacion@udc.gal
A través do sistema de xestión de incidencias:
Formulario de notificación de incidentes de seguridade