Programación - "Conexións: Arte, Sociedade e Exploración Científica"

 

Logo horizontal GA (1)

PROGRAMACIÓN

O programa de formación específica "Conexións: Arte, Sociedade y Exploración Científica" estrutúrase en tres módulos temáticos, deseñados para ofrecer unha visión integral e articulada dos grandes ámbitos de coñecemento abordados: a cultura e a arte, a historia y o pensamento social, e a ciencia e a tecnoloxía.

Cada módulo componse de tres materias obrigatorias, impartidas por especialistas en cada área, que permiten ao alumnado afondar en temáticas clave de forma accesible, crítica e enriquecedora. A través de este enfoque interdisciplinar, promóvese unha aprendizaxe activa, participativa e aliñada cos valores da educación ao longo da vida e o desenvolvemento sustentable.

A continuación, detállanse os contidos e obxectivos formativos de cada módulo:

Módulo I: "Miradas á Arte e á Cultura"

Este módulo ofrece una aproximación crítica e sensible á arte, ao patrimonio e ás bibliotecas públicas, entendidos como expresións clave da memoria colectiva, a identidade cultural e a reflexión estética. A través da análise de movementos artísticos, da función social do patrimonio e do papel das bibliotecas como espazos sociais de coñecemento e aprendizaxe, foméntase o diálogo entre pasado e presente, así como o desenvolvemento dunha mirada persoal e compartida sobre a cultura.

Obxectivos:

  • Comprender o desenvolvemento do impresionismo y postimpresionismo no contexto europeo, recoñecendo as súas claves estéticas, técnicas e sociais, así como a súa proxección na arte contemporánea.
  • Valorar o patrimonio cultural como elemento vertebrador da identidade e a cohesión social, e identificar estratexias para a súa protección, difusión e transmisión interxeracional.
  • Analizar o papel das bibliotecas públicas como axentes culturais e espazos de acceso democrático ao coñecemento, reflexionando sobre a súa función social na actualidade.
  • Introducir ferramentas de análises dende a socioloxía da cultura e da arte para comprender as dinámicas sociais na produción, recepción e consumo cultural.

O módulo consta de 3 créditos que se corresponden con 30 horas, de 3 materias obrigatorias a través de 10 sesións teóricas:

  • “Arte, impresionismo e postimpresionismo” a cargo de Estefanía López Salas
  • “Patrimonio Cultural: Un legado que fai falta coñecer, apreciar e transmitir” a cargo de María Elvira Lezcano González
  • “Bibliotecas públicas e sociedade actual” a cargo de Diego Maseda Seco

 

Módulo II: "Sociedade, Historia e Pensamento Crítico"

Este módulo permite ao alumnado aproximarse ás grandes transformacións sociais e políticas que configuraron a sociedade contemporánea. Con especial atención ao contexto galego, proponse unha reflexión profunda sobre a historia rexional, as correntes ideolóxicas e os desafíos sociopolíticos do noso tempo, fomentando o pensamento crítico, a participación cidadá e a conciencia histórica.

Obxectivos:

  • Explorar de xeito estruturado e crítico algúns dos procesos clave da historia de Galicia entre os séculos XVI e XX, favorecendo a comprensión do presente a partir da análise do pasado.
  • Analizar os principais modelos de pensamento político, os seus fundamentos teóricos e a súa aplicación histórica, promovendo unha lectura crítica do panorama político actual.
  • Fomentar a capacidade de argumentación e análise crítico ante problemáticas sociais complexas.

O módulo consta de 3 créditos que se corresponden con 30 horas, de 3 materias obrigatorias a través de 10 sesións teóricas:

  • "Cinco leccións sobre historia de Galicia (ss. XVI-XX)" a cargo de José Manuel Vázquez Lijó
  • "Modelos de pensamento político" a cargo de José Luis Tasset Carmona
  • "Unha socioloxía da cultura a través da arte do Museo Nacional do Prado" a cargo Juan de Dios Ruano Gómez

 

Módulo III: "Ciencia e Horizontes Tecnolóxicos"

Este módulo convida á exploración do coñecemento científico e tecnolóxico dende unha perspectiva accesible, práctica e estimulante. A través do estudo de fenómenos astronómicos e das tecnoloxías emerxentes en automatización, robótica e enerxías renovables, búscase fomentar a alfabetización científica, a curiosidade e a reflexión sobre o papel da ciencia na construción dun futuro más sustentable.

Obxectivos:

  • Introducir os principios fundamentais da astronomía, fomentando a comprensión do universo, dos corpos celestes e dos métodos científicos de observación.
  • Analizar as aplicacións actuais da automatización e a robótica en distintos ámbitos da vida cotiá e da industria, comprendendo os seus beneficios e desafíos.
  • Coñecer tecnoloxías relacionadas coas enerxías sustentables o seu impacto na transición cara unha sociedade máis eficiente e respectuosa co medio ambiente.
  • Estimular a curiosidade científica, o pensamento crítico e o debate informado sobre os avances tecnolóxicos e as súas implicacións sociais e éticas.
  • Estudar os retos asociados á transición enerxética dende unha perspectiva social, económica e ambiental, reflexionando sobre os conceptos de soberanía enerxética, sustentabilidade e equidade.

O módulo consta de 3 créditos que se corresponden con 30 horas, de 3 materias obrigatorias a través de 10 sesións teóricas:

  • “O ceo como guía” a cargo de Alsira Salgado Don
  • “Tecnoloxías do Futuro: Robótica, Automatización e Enerxías Renovables para unha Sociedade Sustentable” a cago de Andrés José Piñón Pazos, Miriam Timiraos Díaz, José Luis Casteleiro Roca, Héctor Quintián Pardo, Francisco Zayas Gato
  • “Retos e resistencias da transición enerxética: da dependencia á soberanía enerxética” cargo de Fernando de Llano Paz

 

 

 


Máis información e asistencia á matriculación na Secretaría da Universidade Sénior de Ferrol:

 

Universidade Sénior. Ferrol
Edificio de Usos Administrativos (1º andar)
Campus de Esteiro
15403 Ferrol
Teléfono: 881013631
secretaria.senior.ferrol@udc.es

Solicitude de cita previa

 


pe-páxina-web-ferrol