A implicación da Universidade Sénior no desenvolvemento e na execución de proxectos europeos comenza no curso 2003-2004, e se mantén de xeito ininterrumpido ata a actualidade. Ao longo destes anos, os proxectos educativos europeos nos que ten participado a Universidade Sénior foron de xeito maioritario as denominadas Asociacións de Aprendizaxe.
Proxectos en el Programa Sócrates:
2003-2006: European Senior Citizens’ Storyboard
En 2003 se inicia o proxecto denominado European Senior Citizens’ Storyboard, mediante unha asociación de aprendizaxe. O obxectivo xeral da Asociación de Aprendizaxe era promover a interacción entre os cidadáns europeos maiores, fomentando a aprendizaxe e o intercambio de coñecementos sobre o patrimonio cultural, utilizando para isto as novas tecnoloxías e a aprendizaxe do inglés como lingua vehicular do proxecto, e deste xeito, promover nos participantes un sentimento de pertenencia a unha Europa común a todos eles.
Utilizáronse as tecnoloxías da información e comunicación para que os alumnos/s expuxeran ditas historias na páxina web do proxecto, añadindo a posibilidade de realizar comentarios sobre éstas e interactuar cós autores mediante correo electrónico. Neste proxecto participaron socios procedentes de Italia, Reino Unido, Finlandia, Bélxica, Alemania e España, e tivo unha duración de tres anos, entre agosto de 2003 e xullo de 2006.
Proxectos no Programa Lifelong Learning Programme (LLP):
2006-2009: Routes Towards Europe
Baixo a denominación de Routes Towards Europe, iniciouse en 2006, unha nova Asociación de Aprendizaxe na que se reuniron varios programas nacionais destinados a alumnos/as sénior e relacionados coas dinámicas de cidadanía activa no contexto cultural europeo.
Os grupos de estudio formados en cada un dos países participantes traballaban temas de identidade europea, usando como punto de partida a investigación sobre as rutas históricas de comunicación que foron conformando a idea dunha Europa común. Ademáis, realizaron estudos de lingua inglesa e sesións formativas acerca das tecnoloxías da información e a comunicación. Para o intercambio de información, opinión, etc., os participantes tiñan ao seu dispor as ferramentas informáticas do espazo web do proxecto e a plataforma de teleformación Moodle. Ademáis, por suposto, tanto alumnos como docentes se reunían en seminarios ou encuentros nacionales e internacionales con carácter anual. Diversas institucións de educación de adultos dos siguientes paises: Reino Unido, Finlandia, Alemania, Italia e España, participaron no proxecto Routes towards Europe, que finalizou en xullo de 2009.
2009-2011: Our Continent – Our Culture
O proxecto Our Continent – Our Culture, que se iniciou en outubro de 2009 e finalizou no verán de 2011, trata das diversas formas nas que os europeos ten contribuido, e están a contribuir, á cultura común de Europa. A aprendizaxe de idiomas, a identidade, a cidadanía activa e a cohesión europea, xunto coa comprensión e a comunicación entre xeracións son aspectos fundamentais deste proxecto, en coincidencia cós obxectivos específicos e operativos de Grundtvig. Participan neste proxecto institucións de educación de adultos de Portugal, Italia, Alemania, Reino Unido, España e Finlandia.
Website do Proxecto "Our Continent -Our Culture"
Blog do Obradoiro Europeo "Our continent - Our Culture"
Rede Social do Proxecto "Our Continent- Our Culture"
2011-2013: "More than Neighbours"
Coa denominación "More than Neighbours", entre 2011 e 2013 se desenvolveu unha Asociación de Aprendizaxe Grundtvig na que participou a Universidade Sénior, xunto con socios en Alemaña, República Checa, Polonia, Italia e Bélxica.
Os obxectivos principais foron:
Blog do Obradoiro Europeo "More than Neighbours!"
Website da Asociación de Aprendizaxe "More than Neighbours!"
Ademais, dentro da iniciativa Leonardo da Vinci do Programa de Aprendizaxe Permanente, a Universidade Sénior da Coruña continuará participando como entidade colaboradora do proxecto europeo ACTing, adicado a mellorar a formación dos axentes sociais na promoción do envellecemento activo a través das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC). No marco deste proxecto, a Universidade Sénior puxo en marcha dúas iniciativas tecnolóxicas singulares no eido da formación en TIC, que foron presentadas ao concurso internacional de iniciativas que promoveu este proxecto europeo, no que tamén participan axentes sociais de Italia, Romanía e Suiza. A iniciativa SpeakSpeare!-Falemos con William, para a mellora de competencias linguísticas en lingua inglesa a través das TIC e o teatro de William Shakespeare, foi considerada a 2ª mellor iniciativa a nivel estatal e incluida como boa práctica no catálogo europeo de iniciativas.
Proxectos no Programa Erasmus+
2014 - 2016: ProHospiz
Baixo coordinación alemana, a Universidade Sénior participou como socio no proxecto europeo ProHospiz, unha Asociación Estratéxica KA2 dentro do Programa Erasmus+, destinada á realización dunha guía práctica e multicultural para a creación e posta en marcha de servizos destinados ás persoas maiores. Este proxecto contou tamén con socios en Portugal, Romanía, Polonia e Alemania. No marco deste proxecto, Universidade Sénior da Coruña acolleu o Transnational Meeting e mais unha das Learning Activities, entre os días 28 de setembro e 2 de outubro de 2015.
Produto final do Proxecto ProHospiz: Guía Práctica e Multicultural para o establecemento de coidados paliativos
2017-2019: "TIC Tac +55" - Técnicas de Aprendizaxe Combinadas no ensino das TIC para persoas maiores de 55 anos"
A Universidade Sénior, o programa universitario para maiores da Universidade da Coruña, participa dende 2017 no Proxecto Erasmus+ KA204 nomeado “TIC Tac +55 - Técnicas de Aprendizaxe Combinadas no ensino das TIC para persoas maiores de 55 anos”. No proxecto “TIC Tac +55” participan un consorcio de Programas Universitarios para Maiores do estado español (A Coruña, Alicante, Castellón, Málaga e Salamanca), liderados pola UMA. A través das mobilidades, docentes destes cinco programas universitarios coñecerán diferentes recursos e metodoloxías que fomenten a aprendizaxe de competencias dixitais no alumnado adulto e maior. Como resultado, será elaborado, de xeito colaborativo polos participantes, un manual e serán desenvolvidos obradoiros e conferencias nas institucións participantes para a divulgación dos principais aspectos traballados.
Website do Proxecto TIC Tac +55
MOBILIDADES:
DIFUSIÓN:
2018-2020: Increase and development of manual skills and physical vitality of citizens of the European Union over 50 years (IDEMASAP 50+). Prorrogado ata agosto de 2021O obxectivo principal do proyecto é aumentar e desenvolver habilidades manuais e a vitalidade física mediante o intercambio de boas prácticas en educación de adultos nos países da UE. O proxecto apoia o desenvolvemento e a maior efectividade da educación contínua dirixida a adultos maiores en particular.
Website do proxecto IDEMASAP 50+
2021-2023: Women 55+ vs. COVID19. Asociación para a creatividade KA227
Intercambio de boas prácticas en apoio do desenvolvemento de competencias sociais e persoais e destrezas de aprendizaxe así como o incremento de inclusión social en persoas en situación de desventaxa.
FB page do proxecto Women 55+