A raiz da participación en proxectos educativos europeos, a Universidade Sénior ten ido tecendo unha rede de contactos que derivou no establecemento de relacións bilaterais con algúns das institucións que teñen participado como socios en ditos proxectos, ainda que xa sen a financiación da UE.
Mediante a firma dun convenio bilateral en 2008 de colaboración có HET Perspectief de Gante (Bélxica), se ten desenvolvido unha nova liña centrada no intercambio de estudantes e docentes, e a realización de actividades comúns mediante as novas tecnoloxías e se creou un novo taller europeo no curso 2008-2009, centrado na literatura como punto de encontro das diferentes culturas que conforman a cultura común europea. Este taller levaba o nome da poetisa galega Rosalía de Castro e culminou no curso 2010-2011.
Blog do Obradoiro Europeo "Rosalía de Castro"
No ano 2014, a este programa de intercambios se sumaron tamén os nosos socios da Comune di Scandiano (Emilia Romagna - Italia).
No marco destos Convenios Bilaterais, foron desenvolvidas as actividades académicas do Taller Europeo.
Durante o curso 2015-2016, no marco dos convenios bilaterais co Het Perspectief de Gante (Bélxica) e coa Comune di Scandiano (Italia) participou no desenvolvemento dunha iniciativa chamada "Tras as pegadas de Quixote - Sulle orme di Don Chisciotte", para a aprendizaxe das TIC a través de dous elementos motivadores: a obra de Miguel de Cervantes, en coincidencia coa celebración do IV Centenario da edición de 1615 de "Don Quijote", e a celebración en Gante da Floralia 2015.
No curso 2016-2017, no marco dos convenios no marco dos convenios bilaterais co Het Perspectief de Gante (Bélxica) e coa Comune di Scandiano (Italia) participouse no desenvolvemento dunha iniciativa denominada "O Nome da Rosa".
Ademais, coa participación de socios en Portugal (Universidade da Grande Idade de Rio Tinto - UGIRT) , comeza unha nova andaina do Clube de Poesía On-Line "En-RED-Versados", adicada nesta 2ª edición á poesía nas linguas da lusofonía.
No curso 2017-2018, incorpórase aos intercambios bilaterais o Programa de Estudos Universitários para Seniores da Universidade de Porto (Portugal).