En colaboración co Concello de Cee, o Vicerreitorado de Titulacións e Internacionalización e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegarán a formación universitaria para maiores mediante unha primeira edición do Programa de Democratización do Coñecemento.
Dirixido a persoas maiores de 50 anos do concello de Cee e maila súa comarca, este proxecto formativo consta de tres módulos:
O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:
| MÓDULO I. HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS | ||
| 2 de marzo, de 17 a 19 h. | “O xigante esperto: China, a gran descoñecida” | Prof. Iván Nieto Cerdeiriña |
| 3 de marzo, de 17 a 19 h. | “Arte de vangarda: manual de instrucións” | Prof. Fernando Agrasar Quiroga |
| 9 de marzo, de 17 a 19 h. | “A xustiza penal en España: mitos e realidades” | Profa. Eva Mª Souto García e prof. J. Antonio Ramos Vázquez |
| MÓDULO II. CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA | ||
| 16 de marzo, de 17 a 19 h. | “A revolución dixital na xestión da auga” | Prof. Antonio J. Díaz Longueira |
| 17 de marzo, de 17 a 19 h. | “O coche do futuro moverase con hidróxeno?” | Profa. Socorro Castro García |
| 23 de marzo, de 17 a 19 h. | “Lume. Análise social dos incendios forestais” | Profa. Elvira Santiago Gómez |
| MÓDULO III. CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE | ||
| 7 de abril, de 17 a 19 h. | “Evolución ou extinción: eu decido” | Profa. Esther Fernández Fernández. |
| 8 de abril, de 17 a 19 h. | “Cerebro: memoria, sono e rock and roll” | Prof. Casto Rivadulla Fernández |
| 13 de abril, de 17 a 19 h. | “Cambio climático: causas, consecuencias e solucións” | Prof. Salvador Fojón Polanco |
Con este Programa, a Universidade Sénior achégase por vez primeira ás persoas maiores de 50 anos de Cee, coa intención de dar resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo noutras localidades e comarcas con este Programa de Democratización do Coñecemento desde 2018.
Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos en Cee