Formación Universitaria para Maiores de 50 anos nas Pontes de García Rodríguez

Proxecto de Democratización do Coñecemento "Compartir experiencias e coñecemento"

 

En colaboración co Concello de As Pontes de García Rodríguez, o Vicerreitorado deTitulacións e Internacionalización e a Universidade Sénior, o Programa Universitario para Maiores da Universidade da Coruña, achegan a formación universitaria para maiores mediante un proxecto de democratización do coñecemento baixo o título “Compartir experiencias e coñecemento”.

Dirixido a persoas maiores de 50 anos das Pontes de García Rodríguez, este programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas, impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

 

MODULO 1. Humanidades e Ciencias Sociais
DOCENTES DATAS ACTIVIDADE
Victoria de León Sanjuán 12 de marzo de 2025, de 17 a 19 h. Sesión teórica. A dirección artística no cine
Manuel Gómez Suárez   13 de marzo de 2025, de 17 a 19 h. Sesión teórica.  A xestión do común: Unha visión desde a economía e os comics
Elena Martín Cancela  18 de marzo de 2025, 17 a 19 h. Sesión teórica. Literaturas do mundo: unha viaxe á orixe dos libros
MODULO 2. Ciencias da Terra e Tecnoloxía
DOCENTES DATAS ACTIVIDADE
Sergio Rodríguez Roiola    26 de marzo de 2025, 17 a 19 h  Sesión teórica.  (Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión
Gloria Mª González Fortes 27 de marzo de 2025,17 a 19 h  Sesión teórica. ADN antigo e evolución humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes
Álvaro Michelena Grandío 2 de abril de 2025, de 17 a 19 h  Sesión teórica.  Descubrindo a Intelixencia Artificial: Retos, Aplicacións e Ferramentas
MODULO 3. Ciencias da Vida e da Saúde
DOCENTES DATAS ACTIVIDADE

Salvador Fojón Polanco

9 de abril de 2025, de 17 a 19 h 

Sesión teórica. O cambio climático, causas e consecuencias

Luís Saleta Canosa  10 de abril de 2025, de 17 a 19 h  Sesión teórica. Vacinas e Antibióticos
Carlos Freire Rodríguez   23 de abril de 2025, de 17 a 19 h  Sesión teórica.  Boas prácticas para o coidado do benestar psicolóxico

 

O día 24 de abril terá lugar unha xornada de visitas e actos académicos na Coruña, e ao seu final, celebrarase o Acto de clausura e farase a entrega de diplomas ós participantes.

 

Mais información no espazo web: Formación Universitaria para Maiores de 50 anos nas Pontes