Que é a Universidade Sénior?

A Universidade Sénior é o medio a través do cal a Universidade da Coruña (UDC) ponse á disposición de todas as persoas maiores de 50 anos que xa non están en activo. Para acceder a ela, non se requiren estudos previos, senon simplemente manter vivo o desexo de aprender.

Mediante a Universidade Sénior, a UDC busca cumplir parte das súas funcións ao servizo da sociedade; en particular, a difusión do coñecemento e da cultura a través da extensión universitaria e a formación ao longo de toda a vida (Estatutos da UDC, artigo 1.2). Con isto, contribúe tamén a conseguir unha sociedade máis inclusiva, culta, crítica, activa e participativa.

A oferta do Programa Universitario para Maiores de 50 anos da Universidade Sénior é diversa:

  • Nas súas dúas sedes da Coruña (campus de Riazor) e Ferrol (campus de Esteiro):
    • Graduado/a Sénior: obtense tras completar catro cursos académicos, a razón de tres materias (dúas obrigatorias e unha optativa) por curso.
    • Formación específica dun curso académico de duración para persoas xa graduadas.
    • Actividades complementarias de duración diversa: obradoiros, seminarios, conferencias, intercambios académicos, ...
  • Programa de Democratización do Coñecemento “Compartir Experiencias e Coñecemento”: xornadas formativas que se organizan cada ano en varios concellos da provincia da Coruña para facilitar o acceso á formación universitaria a toda a poboación maior de 50 anos na súa área xeográfica de influencia.

 

FINANCIADA POR:

 logo_conselleria-politica-socialxunta                        logo CONCELLO FERROL