A Universidade da Coruña adheriuse ao sistema de contratación centralizada do estado (Central de contratación do estado), o que implica a subscrición de diferentes Acordos Marco coa Dirección Xeral de Racionalización e Centralización da Contratación (DGRCC). Unha vez que se declara centralizado un servizo ou unha subministración, a competencia para contratalos correspóndelle á DGRCC e, independentemente da súa contía, é obrigatoria a contratación a través da Central de Compras das subministracións e dos servizos incluídos nos AM que subscriba a UDC, agás no caso das Excepcións autorizadas pola DGRCC e da posibilidade de solicitar autorización á DGRCC para contratar de acordo coas normas xerais de competencia e procedemento polo propio órgano de contratación. Máis información.
*Aviso: o Acordo Marco 10/2018 ao que estaba adherida a Universidade da Coruña xa non está vixente.
*Aviso: o Acordo Marco 13/2013 ao que estaba adherida a Universidade da Coruña xa non está vixente.