Mobilidade do persoal investigador da UDC

 
Regulamento sobre movilidade do persoal investigador entrante e sainte da UDC (aprobado polo Consello de Goberno do 4 de novembro de 2025) 
A mobilidade do estudantado de doutoramento que realice estadías temporais para desenvolver investigación relacionada coa súa tese, rexerase pola normativa vixente, mais información, na páxina web da Oficina de Relacións Internacionais (ORI):
 

Persoal investigador saínte

  • Toda persoa adscrita ou vinculada á UDC que realice unha estadía temporal de investigación nunha entidade externa, nacional ou internacional, terá que comunicalo con anterioridade ao Equipo de Xestión da Investigación (EXI), mediante correo electrónico a catalogo@udc.gal
  • A estadía deberá ter unha duración mínima dunha semana e máxima dun ano. 
  • Unha vez rematada a estadía, e dentro dos 15 días naturais seguintes, a persoa investigadora saínte terá que remitir un documento acreditativo da estadía, mediante correo electrónico a catalogo@udc.gal, agás nos casos en que esta fose xestionada pola UDC.
Este procedemento non é necesario para as estadías por participación en congresos, xornadas e similares, ou cunha duración inferior a unha semana. 
 
A mobilidade saínte do PDI que realice estadías de investigación rexirase de maneira complementaria por:

Persoal investigador entrante 

 
Trámites previos
  • A persoa investigadora entrante deberá contar coa conformidade dun membro PDI ou persoal investigador da UDC, que deberá presentar unha solicitude de admisión.
  • Tras a aceptación da estadía, as persoas investigadoras visitantes recibirán unha carta oficial de invitación, que poderán empregar para solicitar o visado.
  • Antes da chegada á Universidade, a persoa visitante deberá remitir por correo electrónico a catalogo@udc.gal a documentación correspondente, dacordo co artigo 6 do regulamento. 
     
 Xestión á chegada a UDC
  • A persoa investigadora visitante deberá informar ao EXI (por correo electrónico a catalogo@udc.gal) do comezo da estadía. Unha vez autorizado e rexistrado, o persoal investigador visitante da UDC poderá acceder e/ou utilizar os servizos xerais da Universidade como a biblioteca, os sistemas de comunicación e de apoio á investigación.
     
Ao rematar a estadía
  • As persoas investigadoras visitantes inscritas no Rexistro do Persoal Investigador Visitante recibirán unha certificación oficial da estadía.
As persoas investigadoras visitantes, cuxa mobilidade estea regulada por programas, convenios ou acordos específicos entre a institución de orixe e a UDC, rexeranse polas condicións destes.