Unha comisión de normalización lingüística (CNL) é unha unidade de traballo, con representación dos tres sectores da comunidade universitaria, que ten como finalidade servir de nexo entre o SNL e as distintas facultades e escolas para garantir, no seu ámbito de actuación, a implementación das medidas establecidas no Plan de normalización lingüística da Universidade.
Unha CNL ten, entre outras, as seguintes funcións:
Se es membro do PDI, do PAS ou estudante dalgún dos centros que dispón de CNL e queres participar nela, ponte en contacto co SNL e/ou coa persoa que coordina o seu funcionamento.
Desde o SNL pomos ao dispor dos membros das CNL unha serie de documentos de traballo (modelo de enquisas, posibles liñas de actuación...), así como lecturas e bibliografía verbo do proceso de normalización lingüística que consideramos de interese.
Anualmente o Servizo de Normalización abre unha liña de axudas para que as comisións poidan levar adiante as súas actividades. Consulta co SNL a súa dispoñiblidade.
Se es membro do PDI, do PAS ou estudante dalgún dos centros en que non hai CNL e queres que a haxa, ponte en contacto co SNL e/ou faille chegar a túa proposta por escrito ao equipo de goberno do teu centro.