Dentro da área estratéxica de Responsabilidade social e no seu obxectivo estratéxico número 1, Unha universidade que impulsa o cambio social, a normalización lingüística aparece dentro das liñas de actuación así definida:
A responsabilidade da UDC co cultivo, protección e transmisión dos valores culturais de Galicia implica o deber de avanzar na aplicación das medidas normalizadoras recollidas no plan de normalización lingüística da UDC. En particular, a UDC promove o incremento do uso de galego na docencia, a consolidación do galego como lingua da divulgación da actividade científica na sociedade e a mellora do prestixio do galego na vida interna da comunidade universitaria.
A UDC fomenta a vinculación da lingua galega aos valores de modernidade e excelencia, como marca de identificación e de proxección exterior da institución.
O indicador do obxectivo que se establece é:
Aumentar o número de materias impartidas en galego no horizonte temporal do plan