Pavillón denominado número dous bis destinado a Cirurxía no Proxecto Tollet -1894- para o "Hospital da Nosa Señora das Dolores". Ten unha distribución idéntica á do pavillón número dous destinado a Medicina -na actualidade "Escola Universitaria de Deseño Industrial"-.
Os seus dous andares dispuñan de dúas salas de doentes, cada unha das cales se atopaba cuberta por medio de bóvedas ventiladoras -véxase a descrición en Salón de Actos e Despachos- tipo Tollet.
Na actualidade acolle espazos destinados á investigación.
Arquitecto autor da reforma: D. José Antonio Franco Taboada.
Construtor: Constructora San José.
Coordenadas GPS: 43° 28' 57.9354'' N 8° 13' 23.7'' W
Enderezo: Campus de Ferrol. 15403 - Ferrol