Como facerse voluntari@ ambiental da UDC?
Como membro da comunidade universitaria da UDC, podes escoller dúas formas de estar activa/o no voluntariado ambiental:
Estas convocatorias publícanse no apartado de Actualidade da web da OMA:
De acordo coa normativa sobre recoñecemento de créditos aprobada polo Consello de Goberno do 21 de xullo de 2016, recoñecerase 1 crédito por cada 10 horas de formación. (Resolución reitoral da UDC pola que se establecen as actividades polas que se recoñecen créditos nos estudos de grao, pola participación en actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación, RR 16/10/2017, Anexo I, punto 7.- Recoñecemento de créditos por actividades formativas en programas de educación para sustentabilidade).
Grazas á convocatoria de bolsas de colaboración para formación complementaria do estudantado da Universidade da Coruña, que cada curso se adxudican para a participación nas tarefas da OMA e dos centros Green Campus, organízanse actividades formativas, obradoiros e saídas de campo para a participación libre da comunidade universitaria.
Convocatoria de bolsas 2019/2020
Redes sociais das persoas bolseiras da OMA: