A Universidade da Coruña aprobou o Plan de medidas antifraude (PMA), por acordo do Consello de Goberno de 25 de xaneiro de 2022 e de acordo coa Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR).
Conforme ao establecido no punto 4 do PMA, por RR do 14/3/2022 créase o Comité de Medidas Antifraude (CMA) como órgano colexiado encargado de coordinar e supervisar o cumprimento do Plan de medidas antifraude da UDC.
Os traballos realizados polo CMA implementando as medidas e actuacións nesta materia publicaranse nesta páxina.
As actuacións do CMA están orientadas a protexer os intereses financeiros da Unión Europea e levar á práctica o principio de boa xestión, establecendo na actuación administrativa medidas concretas antifraude e de prevención das irregularidades e dos conflitos de intereses.
Asemade, a UDC asinou a Declaración institucional contra a fraude e o Código de conduta e principios éticos.
Os datos de contacto para cuestións ou suxestións son os seguintes:
Universidade da Coruña
Rúa da Maestranza, 9. 15001 A Coruña
Correo electrónico: secretaria.xerencia@udc.gal