O GreenMetric World University Ranking é unha iniciativa da Universidade de Indonesia que se realizou por primeira vez en 2010. O obxectivo deste ranking é proporcionar unha clasificación atendendo ás políticas relacionadas co medio ambiente (loita contra o cambio climático mundial, conservación da enerxía e a auga, reciclaxe de residuos…) nas universidades de todo o mundo. Actualmente avalíanse 1744 universidades de todo o mundo.
Datos das propias universidades.
5 de decembro de 2025
A UDC ocupa a posición 10 das 34 universidades españolas avaliadas. No ámbito mundial ocupa a posición 352 das 1744 universidades estudadas. Estes datos sitúana entre o 21% das mellores universidades do mundo. Destaca, sobre todo, en xestión de residuos e reciclaxe onde se sitúa como a segunda universidade do SUE e 78 do mundo.



Actualizado: decembro 2025