Dyntra é unha plataforma colaborativa que estuda a transparencia á hora da publicación de datos nas webs de distintas organizacións, xa sexan concellos, partidos políticos, organizacións sindicais, universidades etc. Para iso créanse uns índices específicos para cada tipo de organización.
No caso das universidades, o estudo consta de 169 indicadores divididos en 5 grandes áreas: transparencia institucional, comunicación pública, participación e colaboración cidadá, transparencia económico-financeira e contratacións de servizos.
As propias universidades.
A UDC ocupa a posición 9 das 50 universidades públicas españolas avaliadas no ámbito nacional. Mantén esta posición cando se inclúen as privadas, ocupando o posto 9 dun total de 77 universidades.


Actualizado: outubro de 2023