QS Ranking by Subject

QS Ranking by Subject

O obxectivo principal do QS University Ranking by Subject é axudar os estudantes a facer comparacións das principais universidades de todo o mundo por áreas.

Os resultados están baseados en catro indicadores: os dous primeiros son as enquisas globais de QS a académicos e empregadores, que se utilizan para avaliar a reputación internacional das institucións en cada materia. Os seguintes dous indicadores avalían o impacto da investigación, en base ao número de citas por artigo e índice h na área correspondente.

Fontes de información

Scopus e enquisas a académicos e responsables de recursos humanos.

Edición actual

2020

Data de publicación

4 de marzo de 2020

Resultados

A UDC figura por primeira vez no ranking QS por áreas ocupando o posto 451-500 en Enxeñaría Mecánica. Destaca sobre todo na calidade das publicacións (índice h).

Puntuación Enxeñaría Mecánica

Reputación académicos

50

Reputación empregadores

57,6

Número de citas

57,2

Índice h

64,9


Actualizado: marzo de 2020