Research.com produce unha amplia gama de clasificacins para a comunidade de investigación nunha variedade de disciplinas. En particular, ofrece un ranking global, para diferentes disciplinas e para "científicos destacados".
Para seleccionar os científicos destacados tense en conta o seu índice H-Disciplina. O índice H-Disciplina (chamado índice D) calcúlase tendo en conta únicamente as publicacións e as suas citas pertencentes a unha disciplina determinada.
Así pois, un científico destacado é un académico con un índice H-Disciplina superior a un valor umbral para unha disciplina determinada. Este valor pode ser diferente dependendo da disciplina e básease no volume de científicos examinados dentro dunha área específica. Só se teñen en conta os científicos en activo, excluindo os científicos que faleceron ou os que non realizaron ningunha publicación nos últimos cinco años.
A posición global de cada unha das universidades determinase calculando a suma dos índices H dos “científicos destacados” vinculados a esa universidade. Mentres que a posición das universidades dentro dunha determinada disciplina baséase na suma de tódolos índices H-Disciplina dos investigadores, dentro dunha mesma área científica.
Nesta edición analizáronse 2000 institucións de todo o mundo.
Google Scholar e Microsoft Academics.
Distintas publicacións ao longo do ano.
27-11-2024
2025
A UDC aparece en ata 6 áreas distintas ocupando as seguintes posicións a nivel mundial e nacional:
| Posición mundial | Posición SUE | |
|
Global |
1150 |
45 |
|
Informática |
586 |
26 |
|
Medicina |
715 |
27 |
|
Química |
711 |
32 |
|
Botánica e Agronomía |
615 |
30 |
|
Psicoloxía |
724 |
19 |
|
Microbioloxía |
458 |
20 |

Actualizado: outubro 2025