O Times Higher Education Impact University Ranking recoñece as universidades de todo o mundo polo seu impacto social e económico, baseado nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (SDG) da Organización das Nacións Unidas. Na seguinte Figura poden verse os 17 SDG:

A partir de 2020, avalíanse os 17 SDG. Cada SDG ten unha serie de métricas asociadas baseadas en investigación, administración de recursos e o impacto das universidades na sociedade.
Foron estudadas 2318 universidades, das cales 52son españolas. Para poder participar no ranking hai que enviar un mínimo de 4 SDG, incluíndo sempre o SDG 17 como obrigatorio.
Datos das propias universidades e Scopus
18 de xuño de 2025
A Universidade da Coruña sitúase no posto 401–600 no ranking xeral de impacto. Este resultado baséase na puntuación obtida en Alianzas para lograr os obxectivos (SDG 17) e nos 3 SDG nos que a UDC recibe maior puntuación (con respecto á universidade que obtén a máxima en cada un deles): Educación de calidade (SDG 4), Igualdade de xénero (SDG 5), Enerxía asequible e non contaminante (SDG 7) e Traballo Decente e Crecemento Económico (SDG 8).
Na seguinte táboa móstrase a posición obtida pola UDC en cada un dos SDG nos que participou:
|
Nº |
Obxectivo de Desenvolvemento Sostible |
Posto |
|
1 |
Fin da pobreza |
601-800 |
|
2 |
Fame cero |
401-600 |
|
3 |
Saúde e benestar |
401-600 |
|
4 |
Educación de calidade |
201-300 |
|
5 |
Igualdade de xénero |
301-400 |
|
6 |
Auga limpia e saneamento |
401-600 |
|
7 |
Enerxía asequible e non contaminante |
401-600 |
|
8 |
Traballo decente e crecemento económico |
401-600 |
|
9 |
Industria innovación e infraestruturas |
401-600 |
|
10 |
Redución das desigualdades |
401-600 |
|
11 |
Cidades e comunidades sostibles |
601-800 |
|
12 |
Produción e consumo responsables |
401-600 |
|
13 |
Acción polo clima |
601-800 |
|
14 |
Vida submarina |
301-400 |
|
15 |
Vida de ecosistemas terrestres |
201-300 |
|
16 |
Paz, xustiza e institucións sólidas |
301-400 |
|
17 |
Alianzas para lograr os obxectivos |
601-800 |
|
GLOBAL |
401-600 |
|

Actualizado: xuño de 2025