FAQ

Agora a tarxeta universitaria ten formato dixital. Se xa tiveches tarxeta física bastará con que descargues UDC.gal, a app da UDC no teu móbil (Android - Iphone) e disporás dela ao instante. Máis información na sección "Consigue a túa tarxeta"

 1 - Se lle custa responder e non encende ningunha luz ao achegar a tarxeta ao lector:

  • Pregunta ao conserxe se a pechadura funciona correctamente para outros usuarios (as pilas da pechadura poderían estar agotadas)
  • No caso de que a pechadura funcione, o máis probable é que o chip da tarxeta se estea despegando da antena. Nese caso podes acudir a un punto de emisión para obter unha nova tarxeta (consulta o apartado "Tarxetas de plástico" na sección "Consigue a túa tarxeta").
    A nova tarxeta pode tardar uns días en activarse de forma automática na pechadura. En caso de que a necesite utilizar de modo inmediato tras a súa emisión, contacte co CAU (Ext. 2222) e pida que sincronicen o seu usuario.

2 - Se a pechadura responde cunha luz vermella e non permite o acceso, significa que non tes permisos de acceso a esa pechadura:

  • Os permisos de acceso actívanse de forma automática para os traballadores dun edificio. Se traballas nese edificio e non tes permiso, contacta coa unidade organizativa que che realizou o contrato para verificar que o centro está correcto na base de datos.
  • Se tes que acceder ao edificio coa tarxeta pero non estás contratado pola UDC nese edificio, contacta co decano/a  ou director/a do teu centro para que notifique ao CAU da UDC que podes acceder ao edificio coa tarxeta.

Se tes un problema técnico coa tarxeta e non o podes resolver coa información proporcionada nas FAQ anteriores, abre unha incidencia nesta ligazón do portal AxudaTIC.