Benvido ao Plan de Acción Tutorial (PAT) da Facultade de Turismo da UDC. O noso principal obxectivo é orientar, guiar, informar e formar o estudantado ao longo da súa traxectoria académica, profesional e persoal. Ademáis, o PAT tamén traballa en garantir a inclusión do alumnado na comunidade universitaria e dar a coñecer as oportunidades que ofrece.
Ao longo dos teus estudos terás asignado un tutor/a por ano que se encargará de resolver as túas dúbidas en temas non relacionados de xeito directo co contido das materias, como por exemplo:
Aparte do profesorado, quenes fan os labores de tutorización, tamén o alumnado participa na orientación do PAT da Facultade de Turismo. O estudantado que comenza os seus estudos na nosa Facultade, contará coa axuda dun/dunha alumno/a de terceiro ou cuarto curso, que será o seu mentor/a. Estes/as mentores/as son estudantes coma ti, compañeiros de últimos cursos que coa súa experiencia no centro, poderán axudarte a resolver problemas que te podan xurdir.