Proxectos e Publicacións

Proxecto "Boas prácticas despois do COVID no sector de balnearios e benestar en España e Alemaña" financiado pola DAAD (Servizo Alemán para o intercambio académico). Programa de financiamento: Diálogo universitario co sur de Europa 2022.

Institución solicitante: Universidade de Pforzheim (HS PF)

Institución asociada: Universidade da Coruña (UDC)

Organiza na UDC: Facultade de Turismo

Obxectivos do programa:

  1. A adquisición e transferencia de coñecementos, o diálogo académico e a creación de redes entre os socios da cooperación lévanse a cabo en relación con cuestións políticas e sociais de actualidade.
  2. Os resultados técnicos póñense a disposición do público.
  3. Os novos científicos participan nas medidas.
  4. Impártese formación especializada en áreas actuais de investigación sobre temas políticos e sociais.

Lugar da celebración dos eventos:

  • Pforzheim, Alemaña (mes de marzo)
  • A Coruña, España (mes de xuño)

Duración do proxecto: 10 meses, de xaneiro a outubro de 2022.

experturs

O artigo Expressing the Experience: An Analysis of Airbnb Customer Sentiments foi elixido para ilustrar a portada do número 3 (2022) da Revista Tourism and Hospitality.

Nesta investigación participa o profesor da Facultade de Turismo, Dr. Jakson Renner Rodrigues Soares, coordinador do Grupo de Investigación en Experiencia Turística Exper.Turs da UDC (G000811), en coautoría con persoal docente e investigador de Brasil.

Santos, A.I.G.P.; Perinotto, A.R.C.; Soares, J.R.R.; Mondo, T.S.; Cembranel, P. Expressing the Experience: An Analysis of Airbnb Customer Sentiments. Tour. Hosp. 2022, 3, 685-705. https://doi.org/10.3390/tourhosp3030042

Ligazón ao artigo: https://www.mdpi.com/2673-5768/3/3

Portada_Revista_Torism-and-Hospitality