Tipos de cursos

Os estudos de posgrao da UDC articúlanse en tres categorías de cursos que, en función da carga lectiva, requisitos de acceso e título ou diploma a que conducen, son:

Cursos que conducen a un título universitario propio da UDC:
Mestrado Universitario
Curso de Especialización

Cursos que non conducen a un título universitario propio da UDC senón a un diploma da UDC:

Curso de formación específica de Posgrao

 

Mestrado Universitario:

  • Carga lectiva:

Mínimo: 60 créditos ECTS. 

Requisitos de acceso:

Para accederen aos estudos propios de mestrado, o estudantado deberán reunir, cando menos, un dos seguintes requisitos:  

  • Ser licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou equivalente, ou posuír unha titulación de ciclo curto.
  • Posuír un título de grao.
  • Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.
  • Acreditar ter superados cento oitenta créditos dos estudos de grao cando nestes créditos estiver comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, logo da solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
  • Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.

 

Título universitario propio a que conduce:

Mestrado.

 

Curso de Especialización:

  • Carga lectiva:

Mínimo: 25 créditos ECTS

  • Requisitos de acceso:

Os requisitos previos para acceder a un curso de especialización serán os mesmos que para a realización dun mestrado. Excepcionalmente, poderán ser admitidos nun curso de especialización:

  • O estudantado das titulacións universitarias de primeiro ciclo ao que non lle faltar máis de 30 créditos LRU (300 horas lectivas) para obter a titulación. Neste caso, para poder obter o título de experto ou especialista universitario, o/a estudante deberá posuír a condición de titulado/a antes de rematar o curso de especialización.
  • Se a especificidade do curso de especialización así o aconsellar, aqueles profesionais sen titulación universitaria mais que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios.

 

  • Título universitario propio a que conduce:

Experto Universitario ou Especialista Universitario

 

Curso de Formación Específica de Posgrao:

  • Carga lectiva:

Mínimo: 6 créditos ECTS

  • Requisitos de acceso:

Persoas que reúnan os requisitos esixidos para a realización dun curso de especialización. Porén, de acordo cos fins e cos obxectivos de cada curso e xa que a finalidade destes cursos é a de contribuíren a especialización, á actualización e á mellora da cualificación profesional, o Consello de Goberno poderá informar favorablemente sobre a flexibilización das condicións de acceso atendendo á xustificación presentada polas persoas solicitantes.

  • Diploma universitario propio a que conduce:

Diploma de formación específica de posgrao