Traballar e investigar na UDC

 

TRABALLAR NA UDC

A Universidade da Coruña foi creada en 1989. É unha institución pública cuxo obxectivo principal é xerar, xestionar e difundir cultura e coñecemento científico, tecnolóxico e profesional a través do ensino e do desenvolvemento da investigación básica e aplicada que contribúan ao progreso científico, tecnolóxico, económico e social. É unha institución moderna, innovadora e dinámica que está fortemente comprometida coa educación integral dos seus estudantes: á ampla e sólida oferta académica únense programas culturais, de cooperación, igualdade, de lecer, deportivos, entre outros.

Estrutúrase en dous campus: o da Coruña e o de Ferrol, con diferentes titulacións en cada un deles, e radicados en dúas estupendas cidades ao carón do mar.

A Universidade da Coruña considera prioritaria a súa internacionalización. A través dos diferentes programas internacionais que ofrece impúlsase a mobilidade internacional da comunidade universitaria como experiencia académica, o cal se complementa coa crecente presenza de estudantado estranxeiro nos nosos campus universitarios. Máis de 500 estudantes e investigadores internacionais visitan anualmente a UDC creando un ambiente internacional plural e aberto, enriquecido coa nosa cultura e lingua. Ademais, a UDC está inmersa no proceso de implantación dunha oferta estable de cursos e materias ofrecidos en inglés. Unha oferta plurilingüe que aumenta o seu atractivo para o estudantado e profesorado estranxeiro e supón un valor curricular engadido para o estudantado propio. A UDC impulsa a colaboración con outras institucións para ofrecer titulacións conxuntas e dobres titulacións internacionais, tanto con países do espazo do EEES como con outras áreas estratéxicas.

Ligazóns útiles

Portal de persoal: onde podes consultar o teu calendario laboral, as túas ausencias e solicitudes:

https://persoal.udc.es

AxudaTIC: portal para consulta de temas relacionados coas TIC na UDC, así como para poñer incidencias.

https://axudatic.udc.gal/

Portafirmas: ferramenta interna de sinatura de solicitudes e documentación. Accede coas túas credenciais a través desta ligazón:

https://portafirmas.udc.gal

Manual de benvida (pendente de actualización):

https://www.youtube.com/watch?v=EqjjwLMeJZo

INVESTIGAR NA UDC

Conta de correo e tarxeta identificativa:

Ao inicio do teu contrato, crearase e darase de alta unha conta de correo electrónico. Tamén deberás solicitar a túa tarxeta identificativa universitaria que che dará acceso aos edificios nos que traballas. Para a emisión da túa tarxeta, debes pedir cita  co Servizo de Informática e Comunicacións (SIC) que se atopa no Edificio de Servizos Centrais da Investigación (ESCI).

Servizo PDI: páxina dedicada ao persoal docente e investigador:

https://www.udc.es/gl/pdi/

Servizo de Investigación (SERIN): é o encargado da xestión administrativa da actividade de I+D+i dentro da UDC.

 https://www.udc.es/gl/serin/

Equipo de xestión da investigación (EXI): xestión económica de proxectos e convenios de investigación autonómicos, nacionais e europeos:

https://udc.es/gl/investigacion/Cofinancia_FEDER/

Oficina de Transferencia do Coñecemento (OTC): servizos especializados en transferencia de coñecemento, innovación, creación de spin-off, valoración e protección dos resultados (patentes).

https://www.udc.es/gl/otc/

Oficina de Proxectos Internacionais (OPI): xestión administrativo- económica de proxectos e programas europeos de investigación.

https://www.udc.es/gl/opi/

Oficina de Captación de Persoal Investigador (OCPI): asesoramento e apoio personalizado na detección de convocatorias e oportunidades de financiamento públicas. Revisión de propostas e solicitudes a convocatorias nacionais e europeas.

https://www.udc.es/gl/ocpi/

Servizos de Apoio á Investigación (SAI): conxunto de servizos especializados capaces de prestaren apoio á investigación científica, técnica e humanística, e cunha dotación instrumental, técnica e de recursos humanos que, ben polas súas características propias ben polo ámbito da súa aplicación, superan as necesidades dun centro, departamento ou instituto universitario.

https://www.sai.udc.es/gl

Servizos da UDC

TRANSPORTE

Para chegar aos campus da Coruña

Para chegar ao campus de Ferrol:

  • Para chegar ao campus de Ferrol (campus de Esteiro e campus de Serantes podes utilizar os autobuses da empresa Alsa. Preme na ligazón para ver toda a información:

https://www.alsaferrol.es/

ESCOLAS INFANTÍS

O Campus de Elviña conta cunha escola infantil 0-3 anos xestionada pola empresa “Os Pequerrechos” que está situada xunto á Facultade de Ciencias da Educación. Esta escola presta servizo gratuíto aos fillos/as de calquera persoa da comunidade universitaria, xa sexa estudante, persoal de administración e servizos ou persoal docente e investigador. Ademais, as persoas interesadas poden solicitar unha axuda para custear os gastos do comedor escolar. Estas axudas convócanse anualmente no mes de abril-maio e publícanse no taboleiro de anuncios da sede electrónica da universidade.

https://sede.udc.gal/services/electronic_board

Podes ver a información da convocatoria anterior no apartado de Acción Social da web da UDC:

https://www.udc.es/es/goberno/equipo_reitoral/xerencia/servizos/retribucions_seguridade_social_e_accion_social/accion_social/

O campus de Ferrol non conta cunha escola infantil propia, pero ten convenio con escolas da zona. A estas axudas pódese acceder na mesma convocatoria que na dirixida á escola infantil de Elviña.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Toda a comunidade universitaria pode acceder ás instalacións deportivas da universidade a través dun abono que ten un custo de 30 € por curso académico.

https://www.udc.es/gl/deportes/abono_deporte/

Ademais, desde a UDC ofrécese unha gran variedade de actividades deportivas dirixidas cuxo período de inscrición adoita ser ao inicio de cada cuadrimestre.

https://www.udc.es/es/deportes/actividades_deportes/

CENTRO DE LINGUAS   

A UDC conta cun centro de linguas que ofrece varios cursos en modalidades en liña e presencial dirixidos a toda a comunidade universitaria.

Podes consultar os idiomas ofertados, así como horarios dos cursos, prezos etc. Na súa páxina web:

http://www.centrodelinguas.gal/

OFICINA DE RELACIÓNS INTERNACIONAIS (ORI)

A Oficina de Relacións Internacionais (ORI) enfócase principalmente na comunidade estudantil, aínda que tamén xestiona algúns programas de mobilidade de persoal académico, administrativo e de investigación (investigadores/as visitantes).

https://www.udc.es/gl/ori/

UDC SAUDABLE

Servizo dependente da Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social. A súa función é participar na coordinación e realización de diferentes accións de vida saudable na comunidade universitaria con proxección social: actividade física e deporte, actividade ocupacional, rutinas cotiás, lecer e tempo libre, alimentación saudable, benestar psicosocial, sono e descanso, saúde sexual, accións contra o uso e abuso de alcohol, tabaco, drogas e outras adiccións, inclusión saudable das persoas con diversidade, fraxilidade nas persoas (infancia, maiores, enfermidades), orientación pedagóxica, entre outros aspectos; en sintonía colaborativa transversal co desenvolvemento sostible na UDC.

https://www.udc.es/gl/udcsaudable/

PROGRAMA AFRONTEMOS:

No campus de Ferrol atópase a sede do Programa Afrontemos desde o que se ofrece atención psicolóxica á comunidade universitaria (hai que concertar cita).

Programa Afrontemos

ESTRATEXIA HRS4R

Como parte do compromiso de atraer o mellor talento investigador, a Universidade da Coruña en agosto de 2016 adheriuse á Carta europea de investigadores e ao Código de conduta para a contratación de investigadores, que establece os dereitos e obrigas do persoal investigador e das institucións empregadoras e financiadoras co fin de aplicar procedementos de contratación transparentes e xustos.

O logo "HR Excellence in Research" ofrece recoñecemento público ás institucións de investigación que avanzaron na alineación das súas políticas de recursos humanos cos principios definidos na "Carta e no Código" (Charter & Code). As institucións xa recoñecidas teñen o dereito a usar o logo para resaltar o seu compromiso de implementar procedementos transparentes de contratación e avaliación de investigadores.

Actualmente a UDC traballa na implementación das medidas recollidas no Plan de Acción 2022-2025.

https://www.udc.es/gl/investigacion/hrs4r/?language=gl