19/05/2022
Como cada ano celébrase o Día contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia para concienciar sobre os abusos e a discriminación que sofren as persoas homosexuais, transexuais e bisexuais. Durante os últimos anos incorporáronse movementos adicionais ata configurar o actual colectivo LGTBIQ+.
Non foi ata 1990 cando a Organización das Nacións Unidas (ONU) deixou de considerar a homosexualidade como unha enfermidade. O primeiro día contra a homofobia non se celebrou ata o ano 2005.
O lema para celebrar este día “Os nosos corpos, as nosas vidas, os nosos dereitos” fai fincapé non só na posibilidade da toma de decisións por un mesmo, senón na esixencia de que estas sean respectadas polo resto das persoas.
A Comisión Europea, na “Unión da Igualdade: Estratexia para a Igualdade das Persoas LGTBIQ 2020-2025” outorga os instrumentos necesarios aos Estados membros para combater a protección xurídica contra a discriminación, apoiando tamén a educación da xuventude para combatila.
Os delictos de odio contra o colectivo LGTBI no primeiro semestre de 2021 incrementáronse nun 43%, e só 1 de cada 10 vítimas pon a denuncia, a cifra de agresións que quedan impunes ascende ao 93% en España, segundo datos da Agencia Europea de Derechos Fundamentales (FRA).
Esta violencia e estas agresións veñen acompañadas dun discurso de odio que está sendo alimentado ideoloxicamente por organizacións e partidos políticos que levan o seu relato intolerante ás institucións representativas.
É necesaria xa a aprobación dunha lei de igualdade de trato e de oportunidades e non discriminación para erradicar toda forma de discriminación e que poña en valor a diversidade como valor humano, o seu respecto e protección.
O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
En todo este tempo, só se lle dedicou a 5 mulleres: o primeiro, a Rosalía de Castro; en 1987 a Francisca Herrera Garrido, en 2007 a María Mariño, en 2018 a María Victoria Moreno Márquez e no 2021 a Xela Arias (estas dúas últimas tras pedimento e presión popular).
Para saber un pouco máis: