O IUMA dirixe e participa en proxectos de investigación e contratos e convenios con administracións públicas, empresas, etc. O seu labor investigador difúndese a través de publicacións científicas en revistas, libros, patentes e rexistros da propiedade intelectual (RPI). Tamén organiza e participa en cursos e congresos e en actividades de divulgación científica e colabora con diferentes institucións e empresas internacionais, nacionais, autonómicas e locais.