Asociación de Estudantes Marineda
A Asociación de Estudantes Marineda (AEM) é unha asociación sen ánimo de lucro que representa aos/ás estudantes da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (ETSNM) emplazada en Riazor. É un lugar onde todas as persoas son benvidas e escoitadas.
Dende a AEM queremos:
- Expresar a opinión dos/as estudantes en todo aquilo que afecte á súa situación na ETSNM.
- Colaborar no labor da ETSNM nas actividades complementarias que se realicen na mesma.
- Promover a participación dos/as estudantes nos órganos colexiados da ETSNM.
- Realizar actividades culturais, deportivas e de fomento da acción cooperativa e de traballo en equipo.
- Facilitar a representación e a participación dos/as estudantes nos órganos universitarios.
Para mais información acerca das actividades que organicemos ou se queres formar parte da Asociación de Estudantes Marineda, acode á nosa sala na Escola na planta baixa ou síguenos no noso Instagram.
Síguenos en... 