Grao en Máquinas Navais

Co Grao en Máquinas Navais adquirirás os coñecementos técnicos necesarios para garantir a óptima operación, mantemento, deseño, redeseño e xestión das instalacións do buque, estes contidos garanten a adquisición das competencias STCW (Standards of Training, Certification and Watchkeeping), que habilitan para o exercicio da profesión de Oficial de Máquinas e de Oficial Electrotécnico (ETO) da Mariña Mercante.

Alcanzarás unha formación científico-tecnolóxica moi ampla, que tamén che permitirá aplicar a metodoloxía e a técnica da enxeñería nun extenso abanico de actividades do sector enerxético, industrial, oficina técnica, produción de equipos, xestión e administración.

Tríptico Grao en Máquinas Navais (descarga en pdf)

Nesta ligazón pódese ver unha presentación do Grao en Máquinas Navais

O curso ponte ou de adaptación ao grao para estudantes procedentes de plans de estudos anteriores ao EEES (diplomatura/licenciatura) pódese consultar na seguinte ligazón.

Os/as estudantes que se cambian do plan de estudos do grao en Tecnoloxías Mariñas a Máquinas Navais poden consultar as convalidaciones de materias na seguinte ligazón.

 

*Os/as estudantes da ETSNM obteñen todos os certificados marítimos esixidos para o embarque de forma gratuíta cos seus estudos de Grao.

Máis

Grao en Náutica e Transporte Marítimo

Co Grao en Náutica e Transporte Marítimo aquirirás as competencias relacionadas coa operación, a xestión náutica e a explotación comercial de buques, entre as cales se atopan a planificación e dirección da navegación, a manobra e o goberno de buques, a carga e a seguridade. Estas competencias garantiranche os coñecementos propios da profesión de Piloto da Mariña Mercante.

Alcanzarás unha formación ampla, que permite o acceso a outras actividades do sector marítimo, como a administración, as sociedades de clasificación e navieiras, entre outras.

Tríptico Grao en Náutica e Transporte Marítimo (descarga en pdf)

O curso ponte ou de adaptación ao grao para estudantes procedentes de plans de estudos anteriores ao EEES (diplomatura/licenciatura) pódese consultar na seguinte ligazón.

Os/as estudantes que se cambian do plan de estudos do grao en Náutica e Transporte Marítimo V02 ao V03 poden consultar as convalidacións de materias na seguinte ligazón.

 

*Os/as estudantes da ETSNM obteñen todos os certificados marítimos esixidos para o embarque de forma gratuíta cos seus estudos de Grao.

Máis