Somos un grupo de electrofisioloxía, é dicir, rexistramos a actividade eléctrica que xera o sistema nervioso e relacionamos esta actividade co que está a facer o suxeito experimental, co que pretendemos avanzar no entendemento de como funciona o sistema nervioso.

Empregamos diferentes modelos experimentais que van de pequenos animais, coma os ratos ata as persoas. Rexistramos dende a actividade dunha neurona individual con electrodos implantados dentro do cerebro, ata a actividade simultánea de milleiros de células con electrodos situados no exterior da cabeza ou sobre os músculos.

Témonos especializado na utilización de técnicas de neuromodulación non invasiva, (estimulación magnética ou eléctrica) que nos permiten aumentar ou diminuír a actividade de zonas concretas do córtex cerebral, mentres estudamos o efecto en outras áreas cerebrais. Estas técnicas, que inicialmente empregamos como ferramentas nos experimentos, son agora utilizadas tamén nunha spin off  do grupo como tratamento de diversas patoloxías.

O noso interese investigador inclúe:

  • Alimentación e funcionamento cognitivo
  • Estimulación cerebral non invasiva en modelos de epilepsia
  • Importancia dos sistemas de retroalimentación na visión e namemoria de traballo en modelos animais
  • O papel do circuito tálamo-cortico-talámico no procesamento visual e a sua relación cos procesos de atención
  • O control motor en nenos con alteracións no neurodesenvolvemento (ou risco de padecelas) e as posibles estratexias terapéuticas e contextualización no entorno
  • Neurorrehabilitación non farmacolóxica en maiores e enfermos neuropsiquiátricos
  • Estudo da fatiga humana en actividades da vida diaria
  • A avaliación do potencial terapéutico da estimulación magnética transcraneal repetitiva na adicción ao tabaco