Estará aberto o segundo prazo de solicitude de mobilidades internacionais correspondentes ao segundo cuadrimestre do curso académico 2026/2027 entre o 4 e o 15 de maio.
Este segundo prazo mantense aberto exclusivamente para mobilidades sen asignación económica, ao abeiro da modalidade de «bolsa cero», de acordo coa Resolución reitoral do 23 de abril de 2026, pola que se declara o esgotamento do crédito asignado ao financiamento do programa Erasmus+ KA131.
Os fondos destinados ao programa esgotáronse no primeiro prazo de solicitudes, polo que non existe dotación económica para financiar as mobilidades correspondentes a este segundo prazo. Non obstante, a inexistencia de crédito non impide que o estudantado interesado poida solicitar unha mobilidade internacional sen financiamento.
A devandita resolución podese consultar aquí: https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2026/004780/document?logicalId=b15baeac-696c-43ec-83ae-47bc2b114ecb&documentCsv=GF7EQJE80DO740U3KVDTOAK4
Publicado por: Facultade de Turismo