Acto de graduación da promoción 2020/2024

11/06/24 0:54

O pasado vernes 7 de xuño celebrouse o Acto Académico de Despedida da promoción 2020-2024 do Grao en Turismo. O evento foi presidido pola Vicerreitora de Profesorado, Teresa López, estando na mesa presidencial a Decana da Facultade de Turismo, Rosa Mª Maríz e o padriño de promoción, o profesor José Antonio Blanco. Entre os profesores presentes tamén estaba o padriño honorífico, o profesor Carlos Rodríguez.

Acto de graduación 2024

Acto de graduación 2024

Acto de graduación 2024

Antonio Cendán e Yolanda Perol foron os alumnos protagonistas da lectura do discurso de despedida da súa promoción.

Acto de graduación 2024

As azafatas do acto foron alumnas colaboradoras de 1º do Programa de Simultaneidade Grao en Turismo e CC Empresariais.

Publicado por: Facultade de Turismo